HomesociedadeAutoeducarse para educar

Autoeducarse para educar

Esta será a temática que abordará unha formación para familias e profesorado que impartirá a educadora social e terapeuta Consuelo Balaguer en Monforte o vindeiro sábado 8 de xuño.

Publicado o

- Advertisement -

O Centro Cívico de Monforte de Lemos acollerá un interesante obradoiro sobre a crianza nos primeiros anos que incidirá na importancia de dirixir o foco da educación ás familias e ás escolas para evitar a sobrecarga emocional dos nenos e nenas. O obxectivo é autoeducarse para educar.

No que respecta aos contidos da formación, os asistentes coñecerán e aprenderán a comprender que significa para unha nena e un neno pequeno nacer e atopar un mundo novo ao seu arredor. Todo ese universo de novidades e de emocións vai incidir nos cativos e cativas nos seus primeiros anos de xeito inconsciente. Neste sentido, a conciencia e a auto-conciencia dos adultos/as que acollen e coidan será máis transcendente do que nos podemos imaxinar.

Guiar, coidar, protexer, son accións que por lóxicas non deixan de ser importantísimas para o integral e san desenvolvemento das criaturas. Abordaranse os medos e desexos que se dan xa na xestación, a idade e a etapa vital na que se atopan os pais e as nais e tamén os roles destes nos primeiros anos dos pequenos. Coñeceranse e desenvolveranse conceptos como a autoridade, o autoritarismo, o apego, os límite, os ritmos e os ambientes.

Este obradoiro está especialmente indicado para familias, profesores, educadores, técnicos de xardín de infancia, estudantes e todos/as aqueles que queiran mellorar o vínculo cos nenos e nenas cos que compartan a infancia.

A formadora será Consuelo Balaguer Ibáñez, educadora social e terapeuta formada na Universitat de Barcelona. É especialista en Desenvolvemenro Persoal no ámbito familiar e escolar, presidenta da Asociación Vent de Llevant en Castellón, co-fundadora do Centro de Educación Socio-Emocional Miscelánea, creadora de Programas de Educación Socio-Emocional en centros educativos e unha das persoas que colaborou na elaboración da Lei da Infancia na Comunidade Valenciana.

O taller desenvolverase, pois, o sábado 8 de xuño no Centro Cívico de Monforte de Lemos con horariode 9:30 a 13:30 h. pola mañá e de 15:30 a 19:00 h. pola tarde. A organización corre a cargo de Miscelánea, Espai de Creixement Conscient coa colaboración do Concello de Monforte de Lemos.

Para informarse de posibles prazas libres para inscrición contactar no correo electrónico autoeducarseparaeducar@gmail.com e nos teléfonos 636322254 / 637586267

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...