HomesociedadeNovas contratacións a través do programa ‘Tecendo Emprego’

Novas contratacións a través do programa ‘Tecendo Emprego’

45 veciñas e veciños lucenses en paro retomarán a actividade laboral traballando en 31 colectivos sociais da provincia grazas ao programa de contratación da Deputación de Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

O Presidente da Deputación en funcións, Darío Campos Conde, informou  que a Xunta de Goberno do venres resolveu a favor de novas contratacións para traballar en colectivos da provincia que realizan labores de asistencia social. A acción farase efectiva a través do programa “Tecendo Emprego” e 45 serán os desempregados retomarán a actividade laboral.

As preferencias para a contratación céntranse en colectivos con dificultades para seren contratados, de xeito que  o 50% serán mozos/as de entre 18 e 35 anos sen experiencia laboral previa; o 40% lucenses de entre 30 e 50 anos e o 10% maiores de 50 anos. En canto aos perfís que se buscan para cubrir as necesidades dos colectivos sociais nos que van traballar son: terapeutas ocupacionais, educadores/as sociais, traballadores/as sociais, técnicos/as de orientación laboral, psicólogos/as, mestres, responsables de programas de inserción laboral; así como administrativos/as, guías de museo e mesmo peóns.

Campos Conde explicou que “dotamos a este plan de 1 millón de euros para asumir todos os custos laborais destes novos traballadores durante un ano con axudas de entre 18.000 e 24.000 euros. Trátase dun plan que xera emprego directo na provincia, favorecendo ás persoas con máis dificultades á hora de atopar traballo, ao tempo que contribúe ao desenvolvemento dos proxectos dos colectivos sociais da nosa provincia”.

Entre os colectivos nos que traballarán os novos contratados/as encóntranse algúns do sur de Lugo como por exemplo: AGORA, asociación monfortina que defende os dereitos de persoas con discapacidade, ou a Fundación Uxío Novo Neira de Folgoso do Courel.

ÚLTIMAS

PP e BNG desmontan a fonte de Tomé no Parque dos Condes

A voceira do popular, Katy Varela, amosou o seu desacordo co anuncio de Tomé...

Fin de semana de Máster de Futbolín de Sarria

A directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López, participou...

Opinión: Noite de Ánimas ou Noite dos Defuntos

A partires das 24:00 h. estaremos xa no mes de novembro, mes denominado como...

Detido un veciño de Sarria por delito continuado de estafa

A Garda Civil detivo a un veciño da localidade lucense de Sarria acusado dun...