Homesociedade‘Concilia no verán’, deportes e lecer para os pequenos/as en Sarria

‘Concilia no verán’, deportes e lecer para os pequenos/as en Sarria

As concellerías de cultura e deportes presentan as actividades culturais de verán 2019, obradoiros de conciliación e cursos de natación.

Publicado o

- Advertisement -

Unha das alternativas que ofrece o Concello de Sarria para os meses xullo e agosto son os cursos de natación. Realizaranse en quendas quincenais de media hora de luns a vernes (agás festivos) entre as 12:30 e as 15:00 h. Para os nenos e nenas de idade inferior a 4 anos faranse entre as 13:30 e as 14:00 horas en horario de mañá e das 14:00 ás 14:30 horas pola tarde.

En canto á cota: por quincena e quenda 13,34 euros e desconto a partir do segundo irmán cun prezo de 8,89 euros. Por mes e quenda 26,61 euros e desconto a partir do segundo irmán cun prezo de 17,94 euros.

PROGRAMA CONCILIA VERÁN 2019

Este programa contempla actividades culturais e deportivos co obxectivo de permitir a conciliación familiar no verán, tras o final do curso escolar. Organízase durante os meses de xullo e agosto, en quendas quincenais de luns a venres agás os festivos e a cota será de 8,86 euros por quincena e actividade.

As mañás culturais están pensadaspara nenos e nenas de idades entre os 3 anos e os 14 anos e o horario será de 9:30 a 14:00 horas. Os lugares de realización das actividades serán a Escola Municipal de Música e Casa da Cultura.

No que respecta ás mañás deportivas, estas actividades están deseñadas para nenos e nenas de idades entre os 4 e os 14 anos. Faranse en horario de mañá de 10:00 a 14:00 horas. Os lugares de realización:  Instalacións dos pavillóns públicos e as piscinas cubertas.

Para interesadas e interesados, aquí podedes consultar as bases da convocatoria.

ÚLTIMAS

“Xornadas de literatura e poesía no Pazo de Tor”, os días 2 e 3 xuño

Co título “Xornadas de literatura e poesía no Pazo de Tor”,  o encontro afondará...

Comunicado do PP de Monforte respecto do Bar Anchoas

O expediente sobre esta instalación no Paseo do Malecón establece a obriga aos actuais...

A Piscina Climatizada Municipal de Chantada faise máis accesible

A Piscina Municipal de Chantada poñíase en funcionamento en decembro do 2002. As instalacións...

Quere o teu mercado desenvolveuse este sábado na Praza de Abastos de Monforte

Como parte da promoción, dende o Concello de Monforte, organizaron unha degustación de produtos...