HomeComarca de ChantadaO viño da DO Ribeira Sacra acompañará as Exaltacións Gastronómicas

O viño da DO Ribeira Sacra acompañará as Exaltacións Gastronómicas

50 establecementos participarán neste programa do mes de xuño que busca promover a calidade da gastronomía lucense.

Publicado o

- Advertisement -

Do 21 ao 30 de xuño 50 establecementos da provincia de Lugo participarán na campaña Exaltacións Gastronómicas, onde realizarán prato con tres produtos seleccionados. Estes manxares estarán acompañados polas chantadinas Galletas Daveiga, viño da D.O. Ribeira Sacra e licores desta zona.

A merluza do pincho de Burela, o cordeiro de raza ovella galega e a castaña de Galicia foron os produtos seleccionados deste mes. Foron escollidos pola súa gran importancia dentro da provincia lucense: máis do 70% da merluza do pincho que sae ao mercado véndese en Lugo, o 40% do censo de ovella galega está nesta provincia e o volume de negocio do sector da castaña en Galicia é de máis de 100 millóns de euros.

O propósito destas xornadas é promover a calidade da gastronomía lucense e o turismo gastronómico a través da degustación de produtos acreditados cos selos de Indicación Xeográfica Protexida, Denominación de Orixe e Raza Autóctona. Doutra banda, búscase dinamizar o sector servizos e desestacionalizar o consumo destes produtos para darlles continuidade fóra das épocas de produción.

As xornadas Exaltacións Gastronómicas…E Para Comer Lugo foron presentadas por Vidal Baamonde, Deputado de Turismo en funcións, e o Presidente da Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo, Cheché Real, este pasado xoves no salón de actos da Deputación.

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...