HomesociedadeO sinal do 4G causa problemas na recepción da TDT en Monforte

O sinal do 4G causa problemas na recepción da TDT en Monforte

Os afectados teñen ata o día 30 de xuño para solicitar asistencia técnica gratuita no Concello.

Publicado o

- Advertisement -

A implantación do servizo de telefonía 4G podería estar producindo afectacións e deficiencias na recepción da Televisión Dixital Terrestre (TDT), xa que ocupan a mesma frecuencia. Así o comunicou o Concello de Monforte o pasado sábado día 22.

Deste xeito, os cidadáns poderán beneficiarse das actuacións técnicas necesarias nos seus dispositivos a través da empresa LLEGA800, de carácter gratuito. Dado que o prazo para solicitar este tipo de actuacións é de seis meses dende a data de posta en servizo das estacións de telefonía móbil, o Concello informa que pechará o vindeiro 30 de xuño.

En caso de dúbida, é posible chamar ao teléfono gratuito da oficina técnica de concellos de LLEGA800, o 900 831 902.

ÚLTIMAS

‘Peitoescuro’ desvela a derradeiro capítulo da súa triloxía audiovisual

Primeiro foi 'Alvorada', despois seguiulle 'Metamorfose', e agora chega a terceira peza final da...

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...