HomesociedadeAs Piscinas Municipais soberinas reabren as súas portas con dous tobogáns como...

As Piscinas Municipais soberinas reabren as súas portas con dous tobogáns como novidade

Este venres día 28 celebrarase unha xornada de portas abertas nas instalacións na que poderán participar todos os usuarios que o desen.

Publicado o

- Advertisement -

Este venres día 28 o Concello de Sober organizará unha xornada de portas abertas nas Piscinas Municipais con motivo do inicio da tempada estival. A partir das 13:00 poderán facer uso das instalacións de xeito gratuito todos os usuarios que o desexen. Como novidade, este ano preséntanse como novidade dous tobogáns de auga fixos.

O horario de apertura das Piscinas será de 13:00 a 21:00 horas nas fins de semana e de 13:30 a 21:00 horas de luns a venres. O prezo da entrada será de 1,50 euros para menores de 14 anos e de 2,50 euros para o público xeral. Os menores de seis anos poderán acceder de balde. Con todo, os usuarios teñen a posibilidade de adquirir bonos mensuais infantís, individuais e familiares cun custe de entre 20 e 40 euros.

Ao longo do verán tamén terán lugar unha serie de actividades, algunhas delas gratuitas, como clases de natación, aquagym, obradoiros infantís e bibliopiscina.

ÚLTIMAS

Dáse a coñecer o cartel oficial da XXII Feira Medieval de Monforte

Esta mañá presentouse en rolda de prensa a imaxe gráfica representativa dun dos eventos...

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...