HomesociedadeFallos no subministro eléctrico de Fenosa na Pobra do Brollón

Fallos no subministro eléctrico de Fenosa na Pobra do Brollón

O concello vén de presentar unha queixa formal ante esta Compañía eléctrica entendendo que as continuas interrupcións no servizo están causando importantes prexuízos a servizos públicos, empresas privadas e veciñanza.

Publicado o

- Advertisement -

No escrito presentado infórmase de que no concello estanse sufrindo constantes cortes do subministro eléctrico dende hai tempo e a diferentes horas do día. No requirimento formal á Compañía eléctrica advírtese tamén de que os cortes non están asociados a fenómenos de tormentas nin a outras causas meteorolóxicas.

O concello, en nome propio e dos seus veciños e veciñas, lembra que os cortes repítense con demasiada frecuencia e supoñen un prexuízo para todos ao interromper tanto a prestación de servizos como a atención ao público en bancos, centro de saúde, comercios, concello, etc. Os cortes provocan tamén avarías en electrodomésticos, maquinaria, caixeiros automáticos e servizos en xeral.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...