HomesociedadeLucía Pérez, pregoeira das festas de Monforte

Lucía Pérez, pregoeira das festas de Monforte

A artista do Incio será a encargada de ofrecer o pregón das Festas Patronais de Monforte o próximo 11 de agosto.

Publicado o

- Advertisement -

A cantante do Incio Lucía Pérez será a encargada de ofrecer o pregón das Festas Patronais de Monforte. O seu discurso, que terá lugar o 11 de agosto, marcará o inicio dos festexos monfortinos, que contan cunha importante programación musical.

Lucía Pérez acaba de sacar o álbum Quince Soles, o segundo no que cante en galego. Neste traballo celebra os seus 15 anos na música a través de 15 cancións. Con ela colaboraron artistas moi diversos, como Chenoa, Rosa Cedrón, Susana Seivane, Emilio Rúa e Tonhito de Poi, entre outros.

José Tomé, alcalde de Monforte, destaca que Lucía Pérez “é unha persoa moi querida polos monfortinos”. O rexedor socialista insistiu en que o seu Equipo de Goberno segue a manter a idea de inaugurar os festexos con persoas relacionadas coa vila ou a provincia. Por iso, destacou as orixes da cantante, que naceu no veciño municipio do Incio.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...