A primeira cita destas Festas de Verán será o xoves, día 8, a partir das 18:00 h coa Festa da Cervexa na Praza de España. A animación musical correrá por conta do DJ Michel ata as 23:00h que dará comezo a actuación da orquestra “Panorama”.
O venres, día 9 a partir das 18:00 h celebrarase o V Torneo de Street Soccer e I Torneo de Streeet Volley no Parque da Constitución. Neste mesmo escenario a partir das 21:30 h, celebrarase a Festa da Comunidade con cea cunha gran paella e actuación do “Dúo Camelia”. As persoas interesadas poden adquirir as entradas, xa á venda, en establecementos da vila e tamén o propio día no recinto da festa.
O sábado, día 10, ás 12:00 h inaugurarase a XXVIII Mostra do Mel na que este ano participan 8 colleiteiros, para despois ter actuación do grupo de gaitas “O Recanto” polas rúas da vila. Os postos de venda estarán abertos durante toda a mañá e tamén exposición e venda de produtos típicos.
Dende as 12:00 h ata as 15:00 h e dende as 20:00h ata as 22:00h; diante do Auditorio Municipal, haberá espectáculo infantil de maxia “Petit Caravane” a cargo de Animatium. Esta actividade pertence ao Programa “Cultura no Camiño” que conta coa colaboración da AGADIC
A partir das 22:00 h actuará o Grupo Atenas e a partir da 00:30 h concerto de Susana Seivane, actuación que conta conta coa colaboración da Excma. Deputación Provincial a través do Plan Provincial Único.
O domingo, día 11 abrirase ás 12.30 con Alborada coa Banda de Música de Chantada que ofrecerá un concerto ás 13:30 h diante do Concello, actividade que conta coa colaboración da Deputación Provincial a través do “Programa Musiqueando”.
Ás 19:00 h na Praza de España terá lugar o Concurso Pinta Con Xiz no Chan para nenos e nenas e tamén a entrega de premios do Certame de Debuxo Infantil organizado pola área de educación e infancia.
Ás 20:00 h na Rúa Real ofrecerase espectáculo de animación de rúa “O Folión Zampón” a cargo de Fantoches Baj, dentro do Programa “Cultura no Camiño” que conta coa colaboración da AGADIC. O punto e final porase a partir das 21:30 h con festa popular coa orquestra “Nazaret” e a partir da media noite gran verbena co grupo “Limón”.