HomesociedadeAs Patronais de Monforte, inclusivas e con punto violeta

As Patronais de Monforte, inclusivas e con punto violeta

Do 12 ao 14 de agosto, en horario de 18.00 a 19:00, a música deixará de soar nas atraccións mecánicas das Patronais e na rúa Cardenal contarase cun Punto Violeta de atención e concienciación contra as agresións sexistas.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Monforte celebra as súas Festas Patronais na honra da Virxe de Montserrat, entre o 11 e o 16 de agosto. A cantante do Incio, Lucía Pérez, abre este domingo as festas coa lectura do pregón, ás 20.30, diante da Casa do Concello.

Este ano as festas contan con duas iniciativas sociais e inclusivas. Por unha banda, o Concello de Monforte chegou a un acordo cos responsables das atraccións mecánicas das Festas, para que durante os días 12, 13 e 14 de agosto, durante unha hora, de 18:00 a 19:00 horas,  a música deixe de soar en solidariedade con nenos e nenas autistas ou con enfermidades raras. Así estes nenos e nenas poderán, nese espazo de tempo, gozar das atraccións de forma tranquila e sosegada.

Esta foi unha iniciativa conxunta do Concello de Monforte e a Asociación de Autismo, que valoraron desde o primeiro momento esta iniciativa como moi necesaria, para facer das Festas Patronais unhas festas inclusivas e das realmente poidan gozar todos.

Tamén durante as festas, o Concello de Monforte contartá cun Punto Violeta; unha carpa informativa, de atención e  concienciación contra as agresións sexistas que estará atendida por persoal especializado e se ubicará na rúa Cardenal. A Concellería de Muller e Igualdade, a través do Centro de Información á Muller, asinouse un convenio de colaboración coa Cruz Vermella de Lugo para contar con este “Punto Violeta”. Esta campaña está financiada con cargo ós Fondos da Secretaría Xeral de Igualdade en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

En verbas do Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, “as violencias sexistas teñen moitas formas, ámbitos e espazos nos que se producen. Debemos concienciar e sensibilizar para modificar e erradicar actitudes e comportamentos sexistas nos espazos de lecer, creando así espazos libres de agresións, onde todos e todas poidamos desfrutar das festas libremente e con tranquilidade”.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...