HomesociedadeSubvencións para as festas de barrios e parroquias

Subvencións para as festas de barrios e parroquias

O Concello de Monforte vén de aprobar as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a celebración de festas de barrios e parroquiasno exercicio 2019. As solicitudes deben de presentarse antes de 4 de outubro.

Publicado o

- Advertisement -

Esta convocatoria pública ten por obxecto apoiar ás iniciativas, actuacións e programas para a dinamización da vida cultural do Concello de Monforte, sendo actividades que complementen os programas dos servizos culturais municipais.

A contía destinada a estas subvencións neste ano ascende a 17.500 euros.O importe de cada subvención non poderá superar os 500 euros por anualidade no caso de festas parroquiais, e os 910 euros por anualidade no caso de barrios da cidade. En todo caso a achega será proporcional ao numero de solicitudes presentadas e aceptadas.

Poderán solicitar estas subvencións todas as parroquias e barrios do Concello de Monforte de Lemos que promovan festas populares, actuando como representantes os organizadores das mesmas e sempre que xustifiquen:

  1. Carácter tradicional dos actos para os que solicita a axuda.
  2. Non ser debedor do Concello por calquera tipo de débeda de dereito público.
  3. Non ser debedor coa facenda pública e coa Seguridade Social.
  4. Declaración responsable na que consten as subvencións e/ou axudas solicitadas para a mesma finalidade, con expresión da súa contía, comprometéndose a comunicarlle aoConcello a concesión de calquera outra axuda de Entes públicos ou privados.
  5. Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario das subvencións previstas no art. 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

ÚLTIMAS

Ribeira Sacra reforza en Fitur a candidatura a Patrimonio da Humanidade

Durante o acto institucional de presentación da candidatura, organizado pola Consellería de Cultura, Lingua...

O 14 de febreiro Sober celebra o desfile de Entroido e o Baile da Cachucha

O sábado, día 14, a festa empeza ás 17:00h co desfile de Entroido...

Xornada sobre o aove galego o 24 de xaneiro en Quiroga

Baixo o título de “Elaborar aceite de oliva virxe extra de calidade en Galicia....