Homesociedade10 domingos no Camiño de Inverno

10 domingos no Camiño de Inverno

O Concello da Pobra do Brollón, a través do plan O Teu Xacobeo da Xunta, organiza unha serie de rutas de balde polo Camiño de Inverno, desde San Lourenzo de Nocedo en Quiroga, ata Santiago de Compostela. As rutas desenvolveranse os domingos en setembro e outubro deste ano e en marzo do 2020.

Publicado o

- Advertisement -

A primeira ruta terá lugar o domingo 22 de setembro, camiñando dende Nocedo ata A Pobra do Brollón. Todas as xornadas comezarán ás 8 da mañá, coa saída do bus da Pobra do Brollón, dende o antigo cuartel da garda civil. As etapas son sempre inferiores a 19 Km, polo que se agarda rematar cara a hora de comer, para posteriormente xantar nun restaurante local, ou ben levar a propia comida.

Segundo o alcalde, Xosé Lois Maceda, o Camiño de Inverno é un pilar da estratexia turística do concello para a dinamización economica, “Con esta iniciativa, as e os veciñas e veciños poderán vivir a experiencia de primeira man de facer o Camiño, algo que pode facilitar a integración e o intercambio cos peregrinos que pasan por terras guímaras,’. Neste senso o Concello traballa na  conversión do antigo cuartel da garda civil da Pobra como albergue.

Este ano camiñarase dende San Lourenzo de Nocedo (Quiroga) ata Rodeiro, provincia de Pontevedra. En marzo do 2020 completarase o Camiño dende Rodeiro ata Santiago de Compostela. Para todas as etapas contarase con autobús e guía turístico autorizado.

Todas as rutas son de balde, sendo necesario inscribirse antes do mércores previo á ruta por WhatsApp no teléfono 650624828 indicando o nome completo, DNI, e a etapa (ou etapas) nas que se queira participar.

ÚLTIMAS

Moito público e gran participación no Desfile de Martes de Entroido monfortino

Con máis de 1.300 participantes no Desfile de Comparsas e Disfraces e as rúas...

O Oso de Salcedo volveu facer das súas este luns

Arias felicitou á veciñanza de Salcedo polo seu traballo para preservar "un dos Entroidos...

1.300 inscritos na XII edición do Quiroga Trail Challenge

Pechadas xa as inscricións unhas horas antes da data límite por prazas esgotadas destácase...

‘Amandi. Un viño de cine’ anunciará a cita de Sober

O xurado, formado por técnicos municipais, elixiu entre unha vintena de propostas chegadas de...