HomesociedadeSegue ardendo Monforte catro días despois

Segue ardendo Monforte catro días despois

O incendio que se iniciaba na mediodía do pasado xoves, 5 de setembro, na parroquia monfortina de Seoane, aínda non se dá por extinguido.

Publicado o

- Advertisement -

Na información periódica que facilita a Consellería do Medio Rural sobre a situación dos lumes forestais en Galicia, comunica no mediodía deste 9 de setembro, que o lume que se iniciou o pasado venres en Monforte “permanece controlado” e afecta provisionalmente a 465 hectáreas.

Segundo as últimas estimacións, 255 hectáreas son de monte arborado e 210 de monte raso. Na súa extinción levan traballado 3 técnicos, 15 axentes, 75 brigadas, 30 motobombas, 6 pas, 16 helicópteros e 6 avións.

Na xornada do xoves, cando o lume se inciou e calcinou en poucas horas, xa 350 hectáreas, houbo que desaloxar varias vivendas pola proximidade das lapas, chegando a 10 metros de distancia. Non houbo que lamentar danos personais nin materiais, pero a paisaxe do lume nunha extensión tan grande, quedarase na memoria de moitos veciños dos concellos de Monforte e Pantón.

Declaracións da José Tomé

O alcalde de Monforte de Lemos e presidente da Deputación de Lugo, José Tome, afirmou á axencia EFE que hai “indicios” de que o incendio foi intencionado. O rexedor sinalou tamén que “todos os indicios indican que si, que foi provocado”, porque o lume comezou nun prado da parroquia de Seoane, en “un pasteiro no que non había actividade humana que puidese provocar un incendio”.

Por iso concluíu que “todo parece indicar, aínda que non hai unha certificación ao cento por cento por parte da Policía nin dos servizos da Xunta, que foi provocado”. O alcalde destacou tamén que o pasado xoves houbo momentos de tensión ao evacuar por precaución á poboación de varias casas por temor a que puidesen resultar afectadas polas chamas e ao cortar o tráfico de vehículos en varias estradas, entre elas o corredor de Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

Quere o teu mercado desenvolveuse este sábado na Praza de Abastos de Monforte

Como parte da promoción, dende o Concello de Monforte, organizaron unha degustación de produtos...

D 4 ao 6 de xullo celébrase a VII edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A montaxe e deseño dos stands, continúa a liña de edicións anteriores, pero modifícase...

Rematan os traballos de acondicionamento do Bolo de Betote, en Sarria

A Xunta acaba de executar unha actuación para acondicionar e poñer en valor o...

Un novo éxito para a edición de 2025 de ‘Marida Maio’

As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este pasado xoves...