Homesociedade19 de setembro, data recomendada para o inicio da vendima na D.O....

19 de setembro, data recomendada para o inicio da vendima na D.O. Ribeira Sacra

O pleno do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra fixa como data recomendada para o inicio xeneralizado da vendima na Denominación de Orixe o 19 setembro, prolongándose previsiblemente a recollida da uva ata mediados do mes de outubro.


Publicado o

- Advertisement -

Os controis de maduración nas viñas, comezaban o 27 de agosto. Estes resultados permitiron determinar o estado da uva e definir a data oficial para o inicio da vendima nesta campaña. O 28 de agosto, o estado óptimo de madurez da uva nalgunhas parcelas da zona de Amandi fixo que Adega DammS.L. comezase cos labores de recollida da uva, principalmente da variedade Godello.

As condicións climatolóxicas adecuadas, o estado sanitario óptimo das uvas e a gradación debida fan pensar nunha colleita excelente e superior aos 7 millóns de quilos de uva. 

Nesta campaña elaborarán viño baixo o amparo da Denominación de Orixe 99 adegas das que a data 8 de setembro, 11 estaban en vendima, 6 téñena paralizada e 1 xa finalizou. Levan recolidos 84.570 quilos, maioritariamente Godello con 36.267 quilos e Mencía con 29.784 quilos. Na web do C. R.D.O.R.S. contarase diariamente cos datos de recollida actualizados por variedades.

ÚLTIMAS

Proposta da CEG para impulsar o recoñecemento da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade

A Confederación de Empresario de Galicia (CEG) promoverá este ano un "foro de reflexión...

As compras de Reis no I Mercado de Nadal de Pantón

Esta fin de semana o Concello de Pantón celebra o I Mercado de Nadal...

Toma de posesión de dos dous novos policías municipais en Monforte, como funcionarios en prácticas

A formación teórico-práctica durará nove meses estendéndose de xaneiro a xuño do presente ano...

Conta atrás para o ‘Quiroga Trail Challenge’, proba que está preto das 1000 inscricións

O Quiroga Trail Challenge (QTC), unha das probas de montaña máis emblemáticas da península...