HomesociedadeA Pinguela ofrecerá un novo ciclo de FP dual en estilismo e...

A Pinguela ofrecerá un novo ciclo de FP dual en estilismo e dirección de peiteado

O Instituto de Ensino Secundario 'A Pinguela' de Monforte de Lemos contará neste curso cun novo ciclo superior de Formación Profesional Dual en Estilismo e Dirección de Peiteado. O ciclo que ten prazo berto de matrícula oferta 17 prazas e polo momento conta con 13 inscritos.

Publicado o

- Advertisement -

A oferta de FP do IES da Pinguela complétase este curso con oito ciclos adicionais. En réxime diúrno impartirase a FP Básica en Servizos Administrativos; catro ciclos medios -de Peiteado e Cosmética Capilar, de Estética e Beleza, de Xestión Administrativa e de Sistemas Microinformáticos e Redes-; e dous ciclos superiores -de Administración e Finanzas e o novo de Estilismo e Dirección de Peiteado-. En réxime vespertino ofértase o ciclo superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web e en horario nocturno o Ciclo Superior de Asistencia á Dirección. Neste centro tamén se imparte formación en Educación Secundaria Obrigatoria e en Bacharelato.

Ao respecto do novo ciclo, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a novidade principal está en que o alumnado complementará a formación académica alternándoa coa actividade laboral nunha decena de empresas colaboradoras que decidiron sumarse ao proxecto. Ao longo deste proceso, os estudantes recibirán unha remuneración desde o inicio do seu período de permanencia nas empresas.

A competencia xeral do título de técnico superior en Estilismo e Dirección de Peiteado consiste en dirixir e supervisar o desenvolvemento dos servizos de peiteado, planificar e realizar tratamentos capilares estéticos e deseñar estilismos de cambio de imaxe, respectando criterios de calidade, seguridade, respecto polo ambiente e deseño universal.

Visitas guiadas no Planetario da Pinguela

O IES A Pinguela conta entre os seus recursos educativos co único planetario presente nun instituto galego, unha estación meteorolóxica e un xardín botánico. Os dous primeiros forman parte do proxecto ‘Mira ao Ceo’.

O planetario recibe visitas guiadas previa solicitude, nas que poden participar grupos de entre 20 e 30 alumnos. A actividade dura uns 60 minutos, durante os que se afonda no coñecemento da astronomía.

Por outra banda, o IES conta dende o ano 1987 cun xardín botánico con especies autóctonas, a maioría delas levadas e plantadas polo propio alumnado e o profesorado ou facilitadas por distintas persoas que coñecen o labor do centro.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...