HomesociedadeAvanza a vendima da Viticultura Heroica

Avanza a vendima da Viticultura Heroica

99 adegas vendiman nesta campaña ao amparo da D.O. Ribeira Sacra, 2 delas xa remataron a campaña.

Publicado o

- Advertisement -

O pasado día 28 de agosto comezaba a vendima na D.O. Ribeira Sacra. Deste entón ata o día 12 de setembro recolléronse 224.773 quilos de uva.A maior parte corresponde a Mencía con 110.487 quilos e Godello con 75.640 quilos. Do resto de variedades lévanse recollido:

Variedades tintas

  • Brancellao 1.385 Kilos
  • Merenzao 10.781 Kilos
  • Caíno 60 kilos
  • Garnacha 527 kilos
  • Mouratón 160 kilos
  • Tempranillo 8.095 kilos

Variedades blancas

  • Albariño 14.129 kilos
  • Blanco Lexítimo 60 kilos
  • Dona Branca 1.600 kilos
  • Treixadura 1.859 kilos

Das 99 adegas que vendimanao amparo da D.O. Ribeira Sacra nesta campaña, 18 están a realizar labores de vendima, 11 téñena paralizada e 2 xa terminaron. Polo tanto son 68 adegas as que aínda non iniciaron os traballos de recollida. A uva que está a entrar en adega presenta un estado sanitario óptimo e as condicións meteorolóxicas están a ser moi favorables. A previsión segue sendo superar os 7 millóns de quilos de uva nesta campaña.

A partir do 19 de setembro a web do C. R.D.O.R.S. ofrecerá diariamente os datos de recollida actualizados por variedades.

ÚLTIMAS

Peruchela Edicións, cumprindo soños literarios dende o 2020

Peruchela Edicións naceu en outubro de 2020 por iniciativa de Pilar Sánchez que, querendo publicar...

Desde o 20 de xaneiro pódense solicitar as actuacións do Tradigalu

A área de Cultura destina 295.000 euros ao programa que ten como principal obxectivo...

A oposición de Monforte volve levar a pleno as deficiencias do abastecemento

Esperta Monforte leva ao próximo pleno unha moción pola votación da moción que presentou...

Formación Dixital en Pantón o 19 e 20 de xaneiro

Os cursos levaranse a cabo no centro sociocultural en horario de 16:00 a 19:00....