HomesociedadeEstabilizados os incendios de Quiroga

Estabilizados os incendios de Quiroga

Segundo as últimas estimacións van 155 hectáreas ardidas, 110 en Hospital e 45 na Enciñeira.

Publicado o

- Advertisement -

En 12 horas arderon en Galicia 700 hectáreas. Na zona sur da provincia, a Consellería do Medio Rural acaba de informar de que os incendios de Quiroga están estabilizados. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 110 hectáreas en Hospital, quedando estabalizado ás 16.00 e 45 hectáreas na Enciñeira, quedando estabilizado ás 14.30.

No control do lume de Hospital, iniciado ás 20.40 deste venres 13, levan participado 1 técnico, 5 axentes, 22 brigadas, 10 motobombas, 3 pas, 8 avións e 6 helicópteros.

Pola súa banda, o lume da parroquia da Enciñeira comezou ás 1,40 h. desta madrugada.  No seu control mobilizáronse 5 axentes, 9 brigadas, 6 motobombas e 1 pa.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...