HomesociedadeO novo Miradoiro do Duque

O novo Miradoiro do Duque

O Alcalde do Concello de Monforte, José Tomé Roca, vén de inaugurar “o novo Miradoiro do Duque”, logo da reforma integral á que foi sometido dende o mes de marzo.

Publicado o

- Advertisement -

O Miradoiro do Duque, sobre o Canón do río Sil permite visibilizar unha ampla zona da Ribeira Sacra a ambos lados, xusto enriba do embarcadoiro da Deputación. As instalacións do miradoiro foron obxecto de ampliación e mellora, cun orzamento de 50.892 euros, procedentes de fondos municipais e do GDR Ribeira Sacra Courel.

Dotouse dun deseño máis actual, ampliando as zonas onde se pode contemplar a paisaxe e aumentando a súa lonxitude no plano horizontal da súa pendente na ribeira do Sil, de xeito que os puntos de observación gañan altura sobre o terreo escarpado aumentado a sensación de baleiro e o seu atractivo.

Tamén se aumentou a capacidade de acollida para grupos de visitantes, executándose un novo miradoiro con dúas zonas que se estenden sobre a actual pendente da ladeira dende onde se pode contemplar mellor a paisaxe.

Colocouse un panel informativoe instaláronse dous bancos, con asento a dúas caras, executados co mesmo entaboado de madeira tratada que o pavimento do miradoiro.

Segundo José Tomé, “o Miradoiro do Duque é dende hoxe un novo miradoiro, e polo tanto, un referente de obrigada visita para o turismo na Ribeira Sacra”.

MIradoiro do Duque / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

Este 3 de febreiro abre o prazo para solicitar a participación na XXII Feira Medieval de Monforte

As bases aprobadas este luns na Xunta de Goberno Local recollen o procedemento de...

O Porco Celta reivindícase en Sarria como motor económico do rural

A subdelegada participou na celebración da XVIII Festa do Cocido do Porco Celta, unha...

Por Chantada propón un plan para incentivar o alugueiro e garantir o acceso á vivenda

Desde o grupo lembran que o dereito a unha vivenda digna e axeitada está...

“Eu sempre teño a porta aberta”, Javier Monterde, avogado na Pobra do Brollón

Javier Monterde Piguillen naceu en Barcelona, no barrio da Sagrada Familia, e o seu...