HomesociedadeQue buscan os turistas que visitan Monforte?

Que buscan os turistas que visitan Monforte?

Nos meses de xullo e agosto a Oficina Municipal de Turismo rexistrou case 7.000 visitas, máis de 11.200 no que vai de ano.

Publicado o

- Advertisement -

O incremento de visitantes na cidade de Monforte é constante ao longo do ano, atopando diariamente viaxeiros na zona de San Vicente, cidade vella, Escolapios ou contorna do río Cabe. Ademais nos períodos vacacionais, como Sema Santa, pontes ou os meses de xullo e agosto, o número de turistas increméntase progresivamente nos últimos anos.

Conxunto Monumental de San Vicente / aribeirasacra.info

Neste ano a Oficina Municipal de Turismo recibiu 2.352 visitantes en xullo e 4.420 visitas en agosto. Madrid, Barcelona, Valencia, Vizcaia e a propia Galicia son as principais procedencias dos visitantes. A nivel internacional destaca o incremento do visitante francés, sendo tamén habitual a chegada de viaxeiros de Bélxica, Reino Unido, Alemaña, Italia, Portugal, Estados Unidos, Brasil ou Xapón. Dentro de Galicia, achéganse a Monforte, principalmente desde A Coruña, Lugo e Ourense.

A  maior parte dos visitantes á cidade veñen a coñecer o Conxunto Monumental de San Vicente coa súa Torre da Homenaxe, que neste ano leva recibido case 10.000 visitas, os Escolapios, a xudaría ou a contorna da Ponte Vella no río Cabe. O municipio consolídase ademais como punto de referencia para achegarse a coñecer Ribeira Sacra desde miradoiros como o do Duque, que se vén de inaugurar este 16 de agosto e por ser o núcleo de servizos máis importante deste territorio.

MIradoiro do Duque / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

“A marcha nórdica activa o 90% da musculatura e, se sorrís, o 100%”, Alberto Fidalgo, subcampión do mundo

Alberto Fidalgo cóntanos que dende pequeno sentiu atracción polos deportes de montaña e natureza,...

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...