Se de palabras que dean medo falamos, cancro, posiblemente sexa unha deles. É un término moi amplo que abrangue máis de 200 tipos de enfermidades con características totalmente diferentes, polo que se poden considerar enfermidades independentes, cas súas causas, evolución e tratamento específico.
A súa orixe radica cando as células normais se transforman en canceríxenas, é dicir, adquiren a capacidade de multiplicarse descontroladamente e invaden texidos e outros órganos.
Se ven é certo que nos últimos anos a mortalidade por este tipo de enfermidade reduciuse nun 20% por mor dos avances científicos, unha de cada tres mulleres, e un de cada dous homes, están en risco de padecelo en calquera das súas variantes nalgún momento da súa vida.
Múltiples asociacións en toda España como “Chantada contra o cancro” traballan diariamente para que os pacentes e familiares desta doenza teñan un día a día máis levadeiro. Dende as súas dependencias traballan diariamente aconsellando e axudando a todo aquel que decida acudir ata eles. María Jesús Rodríguez é a presidenta desta asociación creada en decembro do 2016.
María Jesús, como xurdíu a idea de crear esta asociación e cantos membros sodes actualmente na asociación?
A iniciativa xurdiu a raíz de que algúns de nós padecemos a enfermidade e outros temos familiares directos nesa misma situación. Xuntamónos e todos nos queixábamos de que estábamos bastante afastados de toda a información e actividades relacionadas co cancro. Moitas veces a información que tes e insuficiente. Actualmente somos 111 socios e, aínda que somos de recente creación, a nosa iniciativa está a funcionar moi ben. Na nosa asociación, o tipo de cancro que predomina e o de mama. Unha doenza que, en menor medida, pero tamén afecta a homes.
Que actividades realizades dende “Chantada contra o cancro”?
Pois dende charlas sobre cuidados paliativos, coloquios como o que realizamos en abril sobre “Acompañamento ao final da vida” onde tratamos o tema da morte e do que non ten solución, da importancia de pedir axuda e tamén realizamos rutas solidarias contra o cancro. O ano pasado foi a primeira que organizamos e apuntáronse 700 persoas. Este ano, celebramos a II Ruta Solidaria.
ii ruta solidaria
O 17 de xuño celébrase a II Ruta Solidaria. O prazo para inscribirse é de 5 euros e a data límite para facelo é o día 14 no CCNorte de Chantada e no Capitol Café.
Este ano haberá dúas rutas solidarias; unha de dificultade baixa de 5 quilómetros que discorre pola ribeira e outra de dificultade media-baixa de 11 quilómetros que percorrerá ribeira e soutos sen asfalto. Ademais, os menores que non queiran facer a camiñata, na Adega Condado de Sequeiras contarán cunha persoa que quede con eles para realizar xogos.
Para todos aqueles que precisen máis información poden chamar ó teléfono 683.27.71.35, na dirección de correo electrónico chantadacontraocancroasoc@gmail.com, no local Campo da Feira Vello de Chantada dentro da “Asociación Albores Chantada” e na conta de facebook #ChantadaContraoCancro.
