HomesociedadeCiclos formativos plurilingües no IES Val do Asma

Ciclos formativos plurilingües no IES Val do Asma

70 ciclos de FP impartirán este curso parte do seu currículo nunha lingua estranxeira o vindeiro curso 2019/20. Na zona sur, un dos tres centros educativos que se incorpora este ano ao plurilingüismo en FP é o IES Val do Asma (Chantada).

Publicado o

- Advertisement -

Ao abeiro da resolucióndefinitiva de ciclos formativos plurilingües(Estrela PluriFP) que vén de publicar a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, autorízanse 43 novos ciclos formativos plurilingües. Ademais, continuarán impartíndose na correspondente lingua en segundo curso 27 ciclos que foron autorizados para o curso 2018/19.

Na zona sur da provincia incorpórase o IES Val do Asma no FP Dual CS Administración e finanzas, FP Dual CS Axencias de viaxes e xestión de eventos e FP Dual CS Desenvolvemento de aplicacións web.

Os ciclos formativos plurilingües teñen como finalidade a mellora das competencias lingüísticas do alumnado de FP para mellorar a súa inserción laboral e a  competitividade dos sectores produtivos. Ademais, esta liña de acción dá resposta ás necesidade de formación e competencias lingüísticas expostas polas empresas e institucións que participan nos proxectos de formación profesional dual de Galicia.

O alumnado  que  se incorpore  a  un ciclo  formativo  plurilingüe cursará  estas ensinanzas segundo  o  establecido na  súa  normativa reguladora  e  ademais cursará,  cando  menos no  primeiro curso do ciclo, un módulo non lingüístico en lingua estranxeira. O número de módulos que se cursen en  lingua  estranxeira poderá  ampliarse  sen superar,  en  todo caso,  un  terzo do  horario en  lingua estranxeira.

Así mesmo, ao longo dos dous cursos do ciclo o alumnado realizará actividades complementarias de  formación organizadas polo centro educativo, como charlas, obradoiros ou proxectos, cunha duración estipulada de 40 horas, e que se levarán a cabo fóra do horario ordinario do alumnado.

ÚLTIMAS

O mellor alumnado galego de Bioloxía de Bacharelato e da ESO recibe clases intensivas nas Montañas do Courel

Son seis os alumnos e alumnas que participan activamente nestas clases especializadas nas Montañas...

Por Chantada denuncia as incidencias eléctricas no municipio con horas sen luz e esixe responsabilidades

A formación política asegura non entender que "nun dos Concellos que máis enerxía produce...

270.000€ para dotar de luminarias a ronda urbana e o paseo fluvial de Monforte

Por unha banda actúase no tramo da ronda urbana comprendido entre a rotonda do...

240 alumnos de 0 a 3 anos disporán no curso 2026-2027 de educación gratuíta na zona sur de Lugo

O prazo para formalizar a matrícula nas escolas infantís autonómicas rematou o pasado venres,...