HomesociedadeLocalizados 3 niños de vespa velutina en Monforte

Localizados 3 niños de vespa velutina en Monforte

O Servizo de Medio Ambiente do Concello de Monforte procedeu á retirada deles tras a súa localización, na mañá deste venres 20 de setembro, no Parque López Suárez desta cidade.

Publicado o

- Advertisement -

O Alcalde ordenou, como medida preventiva, acordoar toda a zona para evitar que a poboación poida acceder ao ‘Parque López Suárez’ e sufrir algunha picadura.

Coñecida a localización das velutinas, o rexedor municipal púxose en contacto coa xerente do Consorcio de Bombeiros para que efectivos do mesmo, que contan con equipos axeitados para este tipo de accións, procedesen á súa inmediata retirada. Os bombeiros acudiron ao lugar e retiraron 3 niños, un que estaba no patio de luces dun edificio próximo ao parque indicado e outros 2 na parte alta dunhas árbores.

Un dos niños localizados nas árbores. Foto: Prensa Concello de Monforte

Acordoada a zona do parque infantil, o concello recomenda aos pais e nais que non leven aos seus fillos alí ata que se estabilice e se solucione a situación. Unha vez rematen os traballos de retirada dos nidos e quede garantida a seguridade no Parque, procederase á súa apertura aos usuarios.

Parque López Suárez acordoado / XdL

ÚLTIMAS

O IES Fco Daviña Rey abre as súas portas coa II Feira de Formación Profesional

Segundo nos conta Raquel Aira, Directora do IES Francisco Daviña Rey, en Monforte houbo...

Chantada presenta o cartel da súa XLIII Feira do Viño

O Concello de Chantada, organizador da Feira do Viño, segue apostando pola imaxe que...

Cor verde para conmemorar o Día Mundial do Cancro

Este mércores, na rúa Cardeal de Monforte celebrouse o acto central da programación do...

María José Gómez presenta en Chantada uha convocatoria “histórica” do programa Leader

Durante a visita, a conselleira explicou que proxectos coma o de Efigalia Energy exemplifican...