HomesociedadeReforma enerxética e funcional do IES Lama das Quendas de Chantada

Reforma enerxética e funcional do IES Lama das Quendas de Chantada

Este centro de ensino será un dos oito centros escolares de Galicia que se beneficien do plan de rehabilitación enerxética que promove a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Publicado o

- Advertisement -

O encargo dos devanditos proxectos está en marcha e os traballos terán que estar licitados e adxudicadas no primeiro semestre de 2020 cun investimento total -para os oito centros de ensino de Galicia escollidos- de máis de cinco millóns de euros.

O obxectivo destas melloras é ofrecer maior comodidade e confort aos seus usuarios e usuarias á vez que acadar un aforro nos custes de mantemento dos edificios. A iniciativa enmárcase na actualización do Plan de Dotación de Infraestruturas Educativas posto en marcha en 2016, e que conta cun orzamento global de 199,7 millóns de euros ata 2021.

Os traballos supoñen unha reforma enerxética e funcional dos centros, que xeralmente abranguen actuacións específicas en cubertas e fachadas (illamentos), carpinterías (substitución por ventás con rotura de ponte térmico), luminarias (substitución por equipos de alta eficiencia enerxética) e outros elementos das instalacións. Estas actuacións complementaranse con outras actuacións, como o pintado de aulas ou posibles melloras funcionais segundo o establecido nos proxectos técnicos. Faranse tamén melloras estéticas e funcionais coa incorporación dunha imaxe corporativa única a través da gama de cores empregadas nas aulas, así como en todos os elementos identificativos e sinaléctica dos centros.

Segundo as previsións que manexa a Consellería, de aquí a finais deste ano procederase á redacción de cada un dos proxectos (xa encargados), coa intención de que o proceso de licitación e adxudicación de obras estea rematado antes do vindeiro xuño de 2020.

Dende a Consellería informan tamén que, ao igual que en anos anteriores, os proxectos foron encargados a arquitectos/a novos/as téndose en conta a perspectiva de xénero nun sector laboral (construción) no que a contratación de mulleres é notablemente inferior.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...