HomesociedadeExpropiacións para dous proxectos en vías do ferrocarril da provincia.

Expropiacións para dous proxectos en vías do ferrocarril da provincia.

Os proxectos afectan ós treitos Monforte Lugo e Ourense Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

ADIF ten a información pública dous proxectos para levar a cabo actuacións de mellora da vía do ferrocarril na provincia de Lugo.

Por unha banda, no treito Monforte-Lugo, entre os PP.KK. 396+299 ao 405+100 e o 413+517 ao 432+265, será necesaria a realización de expropiacións das propiedades situadas nos concellos de Sarria, Láncara, O Corgo e Lugo que se detallan no BOE. Estas expropiacións son necesarias para o  proxecto de tratamento de elementos da infraestrutura como pontes e explanacións. Os terreos afectados poden consultarse no BOE do 25 de setembro.

E no BOE do día 24 publicábase a relación de propiedade afectadas polas expropiacións previstas para desenvolver o proxecto construtivo de renovación de vía do treito Ourense-Monforte de Lemos. Neste caso, os concellos da provincia de Lugo, afectados polo proxecto son os de Sober e Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...