HomesociedadeOs rapaces do Infanta Elena de Monforte fan o seu propio viño

Os rapaces do Infanta Elena de Monforte fan o seu propio viño

Publicado o

- Advertisement -

Este venres, 27 de setembro, os usuarios e equipo do Centro de Educación Especial Infanta Elena de Monforte, continuaron co proceso de vendima que teñen iniciado coa adega EDV 2015.

Despois de ter recollido a uva, este venres pisarana de modo tradicional, contando con persoal da adega que se trasladou ás instalacións do centro educativo. Posteriormente ofrecéuselles unha charla sobre os seguintes pasos do proceso de elaboración que terán que seguir os participantes para obter o seu propio viño.

Desde hoxe mesmo inician o proceso de fermentación, proceso que os rapaces deben vixiar durante os próximos días. O remate farase, cando chegue o momento, co embotellado e etiquetado do seu propio viño.

Vendima Infanta Elena / EDV 2015

ÚLTIMAS

Peruchela Edicións, cumprindo soños literarios dende o 2020

Peruchela Edicións naceu en outubro de 2020 por iniciativa de Pilar Sánchez que, querendo publicar...

Desde o 20 de xaneiro pódense solicitar as actuacións do Tradigalu

A área de Cultura destina 295.000 euros ao programa que ten como principal obxectivo...

A oposición de Monforte volve levar a pleno as deficiencias do abastecemento

Esperta Monforte leva ao próximo pleno unha moción pola votación da moción que presentou...

Formación Dixital en Pantón o 19 e 20 de xaneiro

Os cursos levaranse a cabo no centro sociocultural en horario de 16:00 a 19:00....