HomesociedadeO 'Entroido de Salcedo', na Pobra do Brollón, quere ser o mellor...

O ‘Entroido de Salcedo’, na Pobra do Brollón, quere ser o mellor de Galicia

Participa, por agora como único representante da zona sur de Lugo, na campaña que promove Gadis para buscar o mellor entroido do país.

Publicado o

- Advertisement -

A cadea de supermercados galega está levando a cabo un concurso online bautizado como “O meu Entroido é o mellor!” coa finalidade de promover e difundir unha das festas tradicionais máis arraigadas que temos en Galicia.

O Concello da Pobra do Brollón, é ata agora o único da zona sur de Lugo que presentou a súa candidatura co coñecido “Entroido de Salcedo” –o do Oso- comezando xa a difundilo polas redes sociais. Para empezar, xa están acadando visibilidade e promoción; e se alcanzan a ser o máis votado para alí irán tamén 30.000 euros de premio.

Os concellos que desexan participar deberán presentarse como candidatos e amosar a través de imaxes e vídeos os valores que distinguen e fan únicos os seus entroidos, mentres que o público decidirá os gañadores cos seus votos.

O público poderá votar de dous xeitos a través da web do promotor do concurso: votando co seu enderezo electrónico, só se permite un voto por dirección de email, ou introducindo o número de tícket de compra sempre que esta sexa superior a 10 euros. O prazo para participar remata o 30 de novembro e aqueles que participen nas votacións entran en sorteos semanais de vales de compra por importe de 50 euros.

Ademais do primeiro premio de 30.000 euros para o “mellor entroido de Galicia” tamén se contemplan dous accésits de 5.000 euros.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...