HomesociedadeSober quere ser exemplo en prevención de incendios forestais

Sober quere ser exemplo en prevención de incendios forestais

Publicado o

- Advertisement -

Traballadores forestais da empresa pública Seaga limpan de maleza diversos núcleos da parroquia de Santo Estevo de Anllo, en Sober. Polo de agora executáronse traballos en Nogueira, A Burdalla e A Mogueira, pero actuarase na totalidade da parroquia ao estar incluída nos plans especiais de prevención de incendios forestais da Consellería do Medio Rural. Tamén se farán traballos en Doade.

Os labores de limpeza vanse executando segundo reciben os contratos de adhesión ao convenio asinados polos propietarios particulares.

Actúase naquelas zonas que os técnicos forestais consideran franxas de seguridade, nas que a maleza pode resultar perigosa para as casas en caso de declararse un incendio.

No caso de Sober estes traballos de limpeza e retirada de biomasa estanse levando a cabo na parroquia de Santo Estevo de Anllo e xa están moi avanzados. Despois actuarán en Doade. Os veciños comprométense a pagar os traballos de desbroce a un prezo fixo de 350 euros por hectárea.

O Concello de Sober e a Consellería traballan ademais para incluír un dos núcleos do municipio no plan de aldeas modelo en prevención de incendios forestais.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...