HomesociedadeA marcha ciclista de Special Olympics chega a Sarria

A marcha ciclista de Special Olympics chega a Sarria

Publicado o

- Advertisement -

O deputado de Deportes, Deseño e Artesanía e Memoria Histórica, Efrén Castro, acompañou aos participantes da segunda etapa da Marcha Cicilista Unificada de Special Olympics na chegada á meta, en Sarria.

Os deportistas finalizaron a ruta no parque do Chanto, tras percorrer 28,8 quilómetros nun circuíto de ida e volta entre Sarria e A Pobra de San Xián.  Na marcha, participaron 55 ciclistas da Fundación Eu Son (Burela), As Burgas (Ourense), Espurna (Valencia), Esportiu (Barcelona) e Aspronaga (A Coruña) e do Club Cliclista DHG Team, ademais de voluntarios e persoal de Protección Civil,Cruz Vermella, Policia Local e 061.

A ruta culminou cunha ceremonia de clausura na que todos os deportistas recibiron medallas e un obsequio conmemorativo da marcha, que continuou con dúas etapas máis, esta fin de semana en Santiago de Compostela e Vilagarcía de Arousa.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...