HomesociedadeChantada quere pediatría

Chantada quere pediatría

Por Chantada CUP esixe á Xunta de Galicia unha cobertura pediátrica digna para o concello.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo esta formación política, o Concello de Chantada conta cunha “cobertura pediátrica equiparábel a dos concellos de menos de 3.000 habitantes”, tendo na actualidade dous días de asistencia semanal que varían dependendo da semana.

O centro de saúde de Chantada conta cunha praza de pediatría da que a titular está de baixa e que presta servizo a unhas 800 crianzas dos Concellos de Carballedo e Chantada, 

No 2017 houbo unha intensa mobilización popular xuntou máis de 4.000 sinaturas,  para exixir unha cobertura sanitaria digna para os menores de Chantada. Segundo Por Chantada-CUP a resposta do SERGAS foi cubrir o servizo dous días á semana por unha das profesionais de pediatría do Hospital de Monforte, o que para Por Chantada CUP é “vestir un santo para desvestir outro, cando a comarca de Lemos xa é habitualmente deficitaria en atención pediátrica como vimos sinalando desde 2015”.

Esíxese, polo tanto que a Xunta brinde a Chantada un servizo pediátrico axeitado ás necesidades e dimensións da área de cobertura.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...