HomesociedadeDo mar ao Miño para namorarse da Ribeira Sacra

Do mar ao Miño para namorarse da Ribeira Sacra

Publicado o

- Advertisement -

Luis Antonio Ramón Olayo, patrón de barco, estaba traballando nun barco en Castellón cando viu que necesitaban un capitán para o catamarán de Belesar, nunha das rutas que fai a Deputación Provincial de Lugo na Ribeira Sacra. Contactou e chamárono para traballar no mes de setembro. Quedou impresionado do territorio e agora asegura que volverá para coñecer a Ribeira Sacra en outono e o románico, sen esquecerse de volver e comer polbo con viño da Ribeira Sacra.

Luis Antonio Ramón no catamarán de Belesar / Luis Antonio Ramón

Que che pareceu a experiencia?

Moi bonita. Coñecín un lugar, a Ribeira Sacra, que era descoñecido para mín e quedei gratamente sorprendido. O Miño é moi agradable de navegar, eu viña acostumado ao mar e aos problemas cos ventos e as ondas. No Miño podes saír sempre, aínda que chova.

Ía moita xente nas viaxes?

En setembro, que é o mes máis baixo da tempada conseguimos encher o barco moitas veces. Sobre todo con grupos, excursións, o imserso, difererentes asociacións, clubs,… Os grupos son habituais e enchíase o barco.

Que lle impresionaba á xente e que che impresionoba a ti na viaxe que tiñas que facer?

Eu creo que a beleza natural, espectacular da paisaxe. Era o que máis me impresionaba e puiden sentir que era o que máis impresionaba a todos os pasaxeiros.

Tiveches tempo para facer turismo?

Facío todos os días navegando o Miño. O tempo que tiven aproveitei para coñecer o canón do río Sil ou a Festa da Cabra en Merlán, Chantada. Fáltame moito por coñecer e quero facelo porque me gustou o día a día, ir coñecendo xente e as paisaxes desde Monforte a Chantada.

Quedaches con ganas de navegar o canón do Sil?

Gústame máis a paisaxe do Miño que a do Sil. É máis verde, máis bosque. O Sil é máis roca. O Miño ten unha paisaxe máis apacible que a mín, persoalmente, me gusta máis.

Que queres facer nas túas próximas visitas á Ribeira Sacra?

Quero ir, agora, en outono, ver o cambio de cor das follas das árbores e das vides, que ao parece,r é un espectáculo ver todas as paisaxes que vin en verán, velas no outono.

Tamén quero coñecer todo o que é o patrimonio prerrománico e románico. Todas esas igrexas e mosteiros, que hai moitos e moi bonitos e interesantes.

Ribeira Sacra é o territorio da Viticultura Heroica, tiñas visto viñedos en socalcos como na Ribeira Sacra?

De pasada, no Priorat en Cataluña vira viñedos en terrazas, pero de pasada, na distancia. Impresionáronme os viñedos da Ribeira Sacra, ademais deume tempo de ver parte importante do proceso. Cando cheguei estaban madurando as uvas, despois vín a recollida coa vendima. Puiden comprar uvas Mencía, probalas, incluso fixen unha redución de zume de uva que quedou espectacular e, por suposto, probar os viños, os tintos de Mencía e o brancos de Godello.

Viñedo no Miño / Luis Antonio Ramón

Que opinas dos viños?

Non adoito beber viño, pero probeinos e sorprendéronme gratamente tanto os brancos coma os tintos. Son viños frescos en aroma e sabor. Son como máis novos, con máis vitalidade, máis chispa e acompañándoos dun bo polbo están espectaculares. Despois de velos traballar e facendo o viño que fan teño claro que este viño non é caro, que continuen traballando así e cobrando o que corresponda porque traballar mal e cobrar barato non é o camiño.

ÚLTIMAS

Copa de España de Ciclismo BTT DH Molinos, este 26 de abril no Páramo

Esta semana presentouse a proba ciclista da Copa de España de Descenso BTT DH...

UFD inviste 230.000€ na mellora a subministración eléctrica do Saviñao e Monforte de Lemos

UFD levou a cabo diversas actuacións para reforzar a calidade e fiabilidade da subministración...

O PP de Monforte demanda un plan urxente de mantemento de beirarrúas

A voceira popular, Katy Varela, sinala que, aínda que nos últimos anos se realizaron...

Arantza Portabales presenta “Asasinato no muíño do cura” este 25 de abril no Ateneo Casino de Monforte

A recoñecida escritora, Arantza Portabales, unha das voces máis consolidadas da novela negra en...