HomesociedadeAvanza o Plan de Produción de Recursos Gandeiros na provincia

Avanza o Plan de Produción de Recursos Gandeiros na provincia

Dende que a Deputación puxo en marcha este programa, no 2014, ata a actualidade, os agricultores e gandeiros lucenses puxeron en produción máis 2.000 hectáreas de terreos baldíos na provincia.

Publicado o

- Advertisement -

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar a xustificación de 9 subvencións por un valor conxunto de preto de 25.000 euros concedidas ao abeiro do Plan de Recuperación e Incorporación de Terras para a posta en Produción de Recursos Gandeiros. Con esta edición do programa, recuperaranse preto de 400 has de terras abandonadas na provincia para poñelas en produción.

Outros acordos

A Xunta de Goberno da Deputación acordou desestimar a solicitude de resolución de contrato que presentou a empresa adxudicataria das obras de construción da residencia da terceira idade da Pobra do Brollón, Prado Lameiro SL. Rexéitase a petición da contratista en base aos informes emitidos polos servizos técnicos provinciais, un do servizo de Arquitectura e outro xurídico elaborado polo servizo de Contratación, que conta ademais co conforme da Secretaría Xeral e da Intervención. Uns informes que determinan que non existiu unha demora inxustificada na comprobación do replanteo da obra, a causa que alega a empresa para pedir a resolución do contrato.

A Deputación tamén aprobou os plans de seguridade e saúde no traballo para acometer as actuacións do contrato de conservación da rede viaria provincial correspondentes ás zonas 1, 2 e 4, que inclúen 31 concellos das comarcas da Mariña, A Chaira, Lugo, A Ulloa e Sarria. A Deputación vén de adxudicar, en 8 lotes, o novo contrato de conservación de estradas da súa titularidade por un importe de 6,4M€ para os vindeiros tres anos.

ÚLTIMAS

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...