Para este curso a UNED oferta titoría de investigación para os alumnos de Traballo de Fin de Grado e de Traballo de Fin de Máster. Nesta titoría, os estudantes recibirán orientación e directrices metodolóxicas que lles axudarán a alcanzar o éxito na elaboración das súas TFG e TFM. Créanse de dúas figuras de apoio para o alumnado, a figura do profesor/a-conselleiro/a e a do alumno/a-mentor/a, coas que se pretende que os estudantes se sintan máis acollidos e acompañados no seu primeiro ano na universidade.
Na UNED Lugo desenvolverase unha liña transversal que se centrará no Medio Ambiente no curso 19-20: Baixo o lema “UNED Lugo NaturalMente”, prestarase especial atención ó medio ambiente, cambio climático ou desenvolvemento sostible. Todas as materias que non existen presencialmente en Monforte se titorizan automaticamente por web/videoconferencia para as aulas.
A UNED conta con Biblioteca de balde: existe préstamo en Monforte de todos os manuais da Biblioteca de Lugo (uns 5.000 exemplares a disposición dos alumnos) e titoría presencial, no horario do Aula e na atención personalizada.
Incorpórase programación de extensión universitaria propia. Neste senso, xa se celebrou unha actividade: “Atención integral ás persoas”, con 18 matriculados. E xa hai tres máis programadas, todas elas dotadas de créditos FTS, válidos para oposicións da Xunta ou do SERGAS:
- Do 11 ó 15 de novembro: “Prevención do odio, a xenofobia e outros delitos contra as persoas”, de 25 horas
- Do 25 de novembro ó 2 de decembro: “O novo paradigma da superdotación e as altas capacidades no século XXI: un reto educativo”, de 30 horas.
- De 3 ó 11 de decembro: “A dirección escolar e o coachingnos centros educativos”, de 30 horas.
E inclése o programa formativo UNED Sénior que recolle temas de actualidade e estratexias de desenvolvemento persoal, enfocadas ás persoas maiores de 55 anos, interesadas en enriquecer osa seus coñecementos, con independencia da formación académica que posúan, en cursos de 1 cuadrimestre.
Actualmente, a Aula UNED de Monforte oferta todos os estudos oficiais que oferta o Centro Asociado de Lugo, é dicir, 22 titulacións de Grao, decenas de Másters, o Curso de Acceso Directo (CAD) e o Centro Universitario de Idiomas (CUID). Nesta nova tempada a UNED de Monforte contará cunha nova responsable que este luns, 21 de outubro, presentaba o rexedor local, José Tomé.
Marta Rodríguez de la Fuente é orixinaria de Ourense e Licenciada en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e conta cunha dilatada experiencia docente.