HomesociedadeRuta Cores de Outono na Ribeira Sacra

Ruta Cores de Outono na Ribeira Sacra

Galicia Senderismo organiza para o sábado 26 esta ruta, que comezará ás 10.00 da mañá na Praia da Cova no Saviñao.

Publicado o

- Advertisement -

A contorna da Praia da Cova é un dos enclaves emblemáticos da Ribeira Sacra, unha visita ineludible a beiras do río Miño, con adegas, viñedos, bosques centenarios, construcións tradicionais, igrexas románicas e excepcional gastronomía.

A paisaxe é impresionante en todas as estacións do ano, especialmente no outono co colorido dos seus viñedos e cunhas excepcionais vistas do meandro ou Cabo do Mundo. Desde a Praia da Cova os participantes serán dirixidos en taxi ao comezo do roteiro na Igrexa románica de Santo Estevo Ribas de Miño, onde comezará o roteiro de 17 quilometros no que achegarse aos viñedos da viticultura heroica, ao románico e á natureza da Ribeira Sacra.

Recoméndase roupa de deporte cómoda e adecuada para a meteoroloxía e ao vento. Mellor botas de montaña, mochila co equipamento necesario para practicar sendeirismo, auga e snacks ou froita e bocadillos para comer na metade do roteiro.

Para quen queira compartir coche no seu desprazamento ao roteiro con outras persoas participantes, podes comentalo no EVENTO de FACEBOOK creado con este roteiro.

As persoas que queiran asistir ao roteiro están obrigadas a facer un seguro de accidentes e rescate nominal con Galicia Sendeirismo. Este seguro só cobre a persoas participantes con idade comprendida entre os 14 e os 70 anos. O custo deste seguro inclúese no prezo do roteiro.

ÚLTIMAS

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...

O PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena a “desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia

O alcalde do concello de Pantón, José Luís Álvarez, trasladou aos deputados do PP...

Gourmet Gallego inaugura a nova tenda de Monforte

A apertura de Gourmet Gallego congregou a numerosos asistentes, entre eles clientes, provedores, amigos,...

Proxección de “La violencia invisible” e coloquio este 23 de novembro en Quiroga

Aproveitando a conmemoración do 25N, “Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero”,...