HomesociedadeNovas demandas para a Galiña Azul de Chantada

Novas demandas para a Galiña Azul de Chantada

Por Chantada CUP presenta una moción sobre a adopción de medidas necesarias na Escola Infantil do concello de Chantada e para ampliación das prazas públicas.

Publicado o

- Advertisement -

Por Chantada CUP lamenta que a escola infantil de Chantada teña a segunda listaxe de agarda máis elevada da provincia, por detrás de Lugo que ten máis de 80.000 habitantes fronte os 8.000 escasos de Chantada.

Segundo a formación política, isto constata ano a ano unha infradotación de prazas no Concello, “cando o problema demográfico é unha cuestión fulcral e as políticas de conciliación e de axuda ás familias deberían ser prioridade nas axendas das institucións para loitar por un rural e un interior galego vivos.”

Por Chantada demanda un novo módulo e unha cociña para a escola infantil, ao considerar que as necesidades da Galiña Azul non son só de capacidade, tamén de servizos e calidade dos espazos. “As familias levan anos demandando un servizo de cociña con cociñeira e opóndose ás pretensións de optar polo catering privado, cuxas consecuencias son ben coñecidas nos centros educativos.  Non é de recibo que nun país europeo unha escola infantil aqueza a comida de crianzas nos microondas da escola, mais isto é o que está acontecendo en Chantada.”

Ademais destas demandas, Por Chantada CUP solicita incluír no Orzamento de 2020 do Concello de Chantada aplicacións orzamentares para desenvolver as obras do novo módulo e a cociña e o repintado da Escola Infantil.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...