HomesociedadeOs veciños da Pobra do Brollón co Camiño de Inverno

Os veciños da Pobra do Brollón co Camiño de Inverno

O Concello da Pobra do Brollón vén de completar a primeira fase da actividade ‘Coñece o teu Camiño, paso a paso’: unha proposta para realizar o Camiño de Inverno.

Publicado o

- Advertisement -

En dez domingos, os veciños e veciñas guímaros/as participantes percorrerán o Camiño de inverno dende Nocedo (Quiroga) ata Santiago de Compostela. En setembro e outubro fixeron as primeiras cinco etapas ata Rodeiro. As cinco restantes, entre Rodeiro e Santiago, faranse en marzo do vindeiro ano.

Nesta primeira fase, participou unha media de 40 persoas en cada ruta; a maioría veciños e veciñas da Pobra ademais dalgúns participantes de concellos limítrofes. “Consideramos a acollida un éxito e vai na liña na que levamos traballando uns anos xa para potenciar o Camiño de Inverno como un dinamizador económico do noso Concello. Como parte desta estratexia tamén estamos procurando a creación dun albergue na Pobra para fomentar que os peregrinos paren e que o Camiño teña máis repercusión na nosa comunidade”, comenta o alcalde Xosé Lois Maceda.

As rutas son gratuítas e inclúen o bus de ida e volta, guía oficial e unha visita de tarde a algún lugar de interese na zona próxima ao final de cada etapa. Nas primeiras cinco rutas visitouse a Igrexa de San Miguel de Eiré en Pantón, o Ecomuseo de Arxeriz, o Pazo de Sabadelle e a Igrexa de Ventosa, unha xoia descoñecida da escultura medieval.

Esta actividade forma parte do Plan “O Teu Xacobeo” que promove a Xunta de Galicia para promover o Xacobeo 2021.

ÚLTIMAS

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...

Do 28 ao 5 de decembro, XVI Concurso de Tapas de Guimaralia

Participarán no concurso cinco locais: Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e O...