HomesociedadeO Festival 17º Ribeira Sacra candidato aos Premios Mágnum do Viño Galego

O Festival 17º Ribeira Sacra candidato aos Premios Mágnum do Viño Galego

Os Premios Mágnum, promovidos polo Instituto Galego do Viño, teñen como candidato ao 17º Ribeira Sacra na categoría de Mellor Iniciativa de Enoturismo.

Publicado o

- Advertisement -

Música, viño, gastronomía e patrimonio son os catro eixos do festival 17º Ribeira Sacra que propón unha experiencia única ao redor da música en directo e da cultura do viño nunha zona dunha riqueza natural, patrimonial e vitivinícola singular. O festival combina os concertos diurnos cos nocturnos e programa actividades gastronómicas e eventos exclusivos relacionados coa paisaxe da Ribeira Sacra e coa cultura do viño: catas a cegas, catas musicadas, concertos nas adegas…

O Festival 17º Ribeira Sacra chegaba este ano á súa terceira edición contando con artistas como Kevin Johansen, Jonathan Wilson, Enric Montefusco, McEnroe, Los Enemigos, Jacobo Serra ou Soledad Vélez. Os concertos desenvólvense nunha paisaxe única e unha terra singular elixida desde hai séculos como lugar de retiro e con condicións climáticas que favoreceron o desenvolvemento dunha importante actividade vitivinícola. As excepcionais condicións da natureza e o cultivo da vide en socalcos crearon un territorio de gran beleza, que aspira a ser Patrimonio da Humanidade.

Dentro dos Premios Mágnum do Viño Galego 2019 establécense oito categorías, para cada unha das cales se propoñen cinco nomeados. Os premiados daranse a coñecer na propia gala de entrega, que se celebrará o día 16 de novembro en Vilagarcía de Arousa. As categorías son:

  • Mágnum ao mellor viño galego.
  • Mágnum ao mellor veu revelación galego.
  • Mágnum á mellor adega galega.
  • Mágnum á mellor iniciativa de enoturismo.
  • Mágnum ao mellor tratamento do viño galego fóra de Galicia.
  • Mágnum ao mellor catador revelación de Galicia.
  • Mágnum ao mellor catador de Galicia.
  • Mágnum Honorífico.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...