A SAT Seixas reclama a este Tecor, 7.000 euros por danos do xabaril nas leiras. Desde o Tecor aseguran que se aos agricultores lles parece que estorban, pechan Caxigueiras. Falamos co Presidente do Tecor Caxigueiras, Francisco Diéguez Sobrado.
Como se chega á convocatoria desta xuntanza?
Esta xuntanza tiña que ter sido fai moito tempo para explicarlle á xente o que estamos facendo porque parece que somos os malos da película en todos os lados, cando nós estamos dando o 100%. Despois de 4 décadas facendo todo o que tiñamos que facer como Tecor, agora reclámannos danos recentes polo xabaril en 16 leiras.
Paréceme que se están rindo de nós e queremos poñer as cartas enriba da mesa, informar sobre onde cazamos, que días,… e as cousas que tamén os agricultores fan mal.
Asegurades que se seguen as denuncias pechades o Tecor?
Nós temos apobado que calquera sentenza que nos obrigue a pagar danos, pechamos o coto e non cazamos. Cando chegou este burofax reclamándonos os danos, contactamos con outros cotos próximos e UUAA púxose en contacto con nós para varias reunións. Preguntábanme como iamos pechar, pero é que non entendemos que cando nós somos a solución, parece que estorbamos ou somos o problema. Entón botamos e chave, pechamos o Tecor e xa está. Teño claro que temos que estar todos unidos para dar unha solución a isto.
Ademáis dos sindicatos agrarios contades con máis apoios?
Neste tipo de temas creo que a Federación de caza e a Adminisración tiñan que se involucrar máis. Paréceme que tanto os representantes dos agricultores como os dos cotos, cooperativas e concellos deberiamos falar máis.
Aseguras que o Tecor cumple coa súa función co xabaril ao 100%, que fai o Tecor?
En Caxigueiras somos 150 cazadores que cumprimos coas leis de caza, para que os socios gocen coa caza. Coa caza maior, xabaril sober todo, somos os encargados de paliar os danos. Por exemplo, o exceso de xabaril que temos xa se prevía. No 2004 pediramos un aumento de cupo para cazar. Agora temos 80 xabarís para cazar e sempre cumprimos, se te queren culpar polos non que mataches aínda o podería entender porque non cumpriches o cupo. Pero nós faccemos todo ben e non deberiamos de pagar por algo que non é noso. A lei fainos pagar os danos na agricultura a nós, para as estradas temos seguros, pero na agricultura non.
Que suporía que o Tecor Caxigueiras pechase as súas portas?
Se nós paramos os agricultores pechan, pódollo desmostrar a calquera, pero a xente non o sabe. Somos a solución e parece que somos os que estorbamos, pois ímonos. Nós poderiamos seguir canzando nalgunha zona libre, pero sen responsabilidade na caza maior. Non quero nin pensar en pechar o coto. Eu nacín na agricultura, Taboada é unha zona onde están comezando moitos agricultores novos. E para a pouca xente que podamos ter no rural, non tería sentido botala fóra por unha cousa destas.
O 99% dos agricultores apoiánnos, aínda querían recoller firmas para que non pecharamos. A min paréceme incrible ter que pensar en pechar o coto. O 80% dos agricultores se non tardan un ano, tadarán dous, pero pechan, é insostible funcionar sen coto.
Coñeces outros casos nos que nesta situación o coto pechara?
Creo que ningún. Na costa houbo sentencias condenatorias e outros foron absoltos. Os agricultores tamén teñen que cumprir cunha serie de normas, ter os pastores postos e todas as medidas que limiten ao xabaril. Tamén hai cotos que non fan o que teñen que facer, pero nós si e os sindicatos agrarios apoiannos. Iso é que se están facendo as cousas ben. UUAA asistirá á xuntanza deste sábado e tamén esperamos a asistencia de cooperativas e alcaldes.
Que facedes os tecores polo rural galego?
Para as aldeas, deus me libre que pechen os cotos. O maior problema é a falta de conversión entre as parte implicadas, incluindo concellos e deputacións. Se se pechan os cotos, os seguros que temos de estradas, desaparecen. Aféctanos a todos, se hai 200 xabarís en Taboada non é o mesmo que se hai 40, terás máis posibilidades de darte un golpe no coche cun deles. Se non hai coto que teña seguro, reclámaslle ao dono da vía. A xente está calada, ir indo, pero é o momento de poñernos algo serios porque isto aféctanos a todos.