HomesociedadeMedio cento de persoas na busca de cogomelos no Incio

Medio cento de persoas na busca de cogomelos no Incio

Nesta fin de semana celebrouse no concello do Incio unha xornada micolóxica guiada polo micólogo, Fernando de la Peña Paz.

Publicado o

- Advertisement -

Medio cento de persoas fixeron saída ao campo para a recolección e identificación de diferentes especies facendo especial fincapé nas variedades comestibles e na súa posible confusión con outras variedades tóxicas.

Trala clasificación dos cogomelos recolectados, levouse a cabo a preparación e degustación das variedades comestibles. O xantar tivo lugar no local social de Trascastro. Aldea que vén de ser declarada Aldea Modelo polo Agader. Esta denominación suporá proxectos de mobilización de terras dirixidos á posta en valor e á recuperación produtiva de zonas maioritariamente abandonadas, na contorna de núcleos de poboación, de xeito que esa posta en valor sirva tamén para previr os incendios forestais nesas zonas.

Para a actividade contouse con Fernando de la Peña Paz, micólogo encargado das indicacións sobre as diferentes variedades.  O concello agradece a alta participación nesta actividade.

Fernando de la Peña / Concello do Incio

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...