HomesociedadeSober en negro contra a violencia

Sober en negro contra a violencia

O Concello de Sober vén de adherirse á campaña de sensibilización ‘En negro contra as violencias’ que se desenvolve con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que terá lugar o 25 de novembro.

Publicado o

- Advertisement -

O concello de Sober comprométese, deste modo, a levar a cabo unha labor de difusión desta campaña nas dependencias municipais, así como nos centros de ensino, tanto na gardería, como no CEIP Plurilingüe Virxe do Carme e no tecido comercial da localidade. Poden verse tamén na Oficina de Turismo, no Centro de Saúde, na Biblioteca ou na Aula de informática baixo o slogan ‘Sober en negro’.

O obxectivo é desenvolver e xerar accións para a sensibilización e prevención da violencia de xénero na nosa sociedade. Trátase, segundo explica o rexedor, Luis Fernández Guitián, de facer a todo o mundo “partícipe da iniciativa para tomar conciencia da importancia de rematar con esta lacra que non cesa”.

En qué consiste a campaña?

É unha acción colectiva de sensibilización social contra as violencias machistas que xorde no 2015 en Santiago de Compostela, co impulso da Administración local, e que ano tras ano foi medrando, involucrando a máis concellos, institucións e sectores, chegando a expandirse de xeito viral mesmo fóra de Galicia. Aínda que está latente durante todo ou ano, é sobre todo no mes de novembro, e no 25N –Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller–, cando a acción desprega a súa actividade de forma máis intensa.

Dende o seu inicio buscouse implicar o tecido económico, asociativo, educativo, deportivo, social e cultural, así como a toda a cidadanía, nunha resposta colectiva de rexeitamento das violencias de xénero e mais dos asasinatos machistas.

Tamén se apostou por identificar, transmitir e incidir nos comportamentos e expresións verbais que están detrás das violencias de xénero a través do uso de materiais de campaña específicos por parte da cidadanía, empresas, establecementos comerciais e axentes sociais.

Para poder formar parte da campaña os concellos teñen que asinar un protoloco de colaboración que se pode consultar na seguinte ligazón: https://ennegrocontraasviolencias.gal/gl/adhesion/concellos

ÚLTIMAS

“Sen xuntas como a de Monforte dificilmente se podería resistir ao exército francés”, Alberto Rico, historiador

Segredos de Pantón entrevista nesta ocasión ao Doutor Alberto Rico Sánchez, profesor da Universidade...

Xornadas de achegamento ao mundo dos cogomelos no IES Daviña Rey

Nas primeiras datas de novembro, o alumnado do IES Daviña Rey de Monforte tivo...

Veciños de Bazal, en Pantón, viaxaron a Lalín para coñecer a Casa do Patrón e comer o cocido

A Asociación de Veciños de Bazal, con máis de dúas décadas de existencia nesta...