HomesociedadeA Pobra do Brollón contra a violencia machista

A Pobra do Brollón contra a violencia machista

Con motivo do 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Concello da Pobra do Brollón súmase á campaña En Negro Contra as Violencias. Trátase dunha iniciativa de sensibilización social que busca unha resposta colectiva de rexeitamento das violencias de xénero e dos asasinatos machistas.

Publicado o

- Advertisement -

O concello repartiu carteis da campaña, que xa están colocados nos comercios e establecementos locais. ‘Queremos tinguir o concello de negro para poñer de manifesto e denunciar as agresións. A violencia machista ten múltiples formas de manifestarse no día a día, provocando na súa consecuencia máis extrema o asasinato das mulleres. É absolutamente inadmisible,’ declara o alcalde, Xosé Lois Maceda.

O luns 25 ás 11:00 da mañá haberá diante do Concello unha concentración na que se gardará un minuto de silencio en contra das violencias machistas. Dende o Concello anímase a todos e todas os veciños a acudir á convocatoria; a poder ser, con algunha prenda de vestir negra. Repartiranse bolsas de tea, chapas e pulseiras para fomentar que cada persoa poida colaborar en difundir a campaña.

Despois da concentración, ás 11:30, haberá unha sesión de contos pola igualdade con Ana Hermida da Asociación Lisístrata. Participarán as nenas e nenos do CEIP A Pobra do Brollón, que tamén contarán contos. A actividade é na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ e a entrada é libre e gratuíta.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...