Homesociedade2.000 tapas vendidas nesta edición do Chantapas

2.000 tapas vendidas nesta edición do Chantapas

A Asociación de Empresarios de Chantada coa colaboración do Concello de Chantada vén de celebrar o seu concurso de tapas, Chantapas, no que este ano participaron 12 establecementos.

Publicado o

- Advertisement -

Na edición deste ano vendéronse 2.000 tapas en 6 días. Durante o evento, un xurado de expertos, Manuel Garea, Álvaro Sánchez e Beatriz Vila, encargáronse de avaliar as tapas do concurso, valorando  a súa orixinalidade, dificultade na elaboración da tapa, sabor e aroma…

Este ano tamén se puntuou a maridaxe e incluíuse a modalidade de tapa vegana quedando así un total de catro categorías polas que se podían optar a premio, Mellor Tapa Clásica, Mellor Tapa Vegana, Mellor Maridaxe e Mellor Tapa Chantapas 2019.

Os gañadores desta edición foron, Mesón Lucus, pola súa tapa “ Imaxine” que obtivo dúas dos catro premios, Mellor Tapa Clásica e Mellor Tapa Chantapas 2019, Larpeiriña, pola súa tapa “Crecente do bosque” na categoría de Tapa Vegana e Cafetería Santa Ana que obtivo o premio á “Mellor Maridaxe” co viño Gaela A Raña

ÚLTIMAS

Nevaradas e estradas provinciais pechadas por asolagamentos no sur de Lugo

A Deputación de Lugo vén de informar que mantén cortadas este martes 3 de...

Tabodada celebra o 14 e 15 de febreiro, a Festa do Caldo de Ósos que pregoa Mercedes Vázquez de Televinte

O día central da celebración será o domingo día 15, coa degustación popular desta...

O 4 de febreiro actívase a reserva de prazas das rutas en catamarán pola Ribeira Sacra que comezan o 19 de marzo

As persoas interesadas en realizar estas viaxes poderán adquirir os seus billetes exclusivamente a...

Puramel Sacra premiada nos Paris Honey Awards

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Gandaría,...