HomesociedadeFormación para 60 persoas en 7 concellos do sur de Lugo

Formación para 60 persoas en 7 concellos do sur de Lugo

Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Quiroga, Monforte de Lemos, O Saviñao, Pantón e Sober teñen en marcha os seus obradoiros de emprego.

Publicado o

- Advertisement -

Os tres obradoiros de emprego impulsados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria na Zona Sur da provincia de Lugo veñen de iniciar a súa actividade coa participación de 60 persoas alumnas-traballadoras (20 en cada taller) que durante os próximos nove meses recibirán formación teórica e práctica en diferentes especialidades. As tres iniciativas suman unha achega autonómica de 1 millón de euros (336.500 euros para cada obradoiro).

O obradoiro Sillor VI (Folgoso do Courel, Ribas de Sil e Quiroga) imparte formación relacionada coa albanelería -con sete alumnos de Quiroga- e urbanización -con seis participantes de Folgoso do Courel e sete de Ribas de Sil). Os proxectos que prevén acometer en Folgoso do Courel son o remate das escolas do Carballal e A Teixeira e os espazos dianteiros; a construción de beirarrúas na rúa Nova de Folgoso e a instalación de plataformas con valado para contedores. En Quiroga traballarán na segunda fase da ampliación do Museo Xeolóxico e en Ribas de Sil na pavimentación do acceso e a finalización do peche dunha parcela de equipamentos municipais de San Clodio.

Por outra banda, o taller de Monforte de Lemos adicarase á segunda fase do acondicionamento das instalacións da escola obradoiro da Pinguela. Imparte formación relacionada coa albanelería (12 alumnos), así como fontanería e calefacción-climatización doméstica (8 alumnos).

Obradoiro Ricra III / Concello do Saviñao

No que respecta ao obradoiro Ricra III (O Saviñao, Pantón e Sober), oferta a especialidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (ten 4 alumnos de cada concello) e tamén formación relacionada coa carpintería e moble (3 alumnos de Pantón, 2 de Sober e 3 do Saviñao). A modalidade de atención sociosanitaria desenvolverase na residencia Nuestra Señora del Carmen de Sober e no centro de día de Pantón. Ademais, o obradoiro elaborará mobiliario urbano e mobles para edificios públicos dos tres concellos participantes.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...