HomesociedadeMuferga, Museo do Ferrocarril de Galicia, amplía o seu patrimonio

Muferga, Museo do Ferrocarril de Galicia, amplía o seu patrimonio

Muferga suma ao seu amplo patrimonio ferroviario a mesa de encravamento da estación de Ourense-Empalme e acolle esta ponte, a V Feira de Modelismo Ferroviario.

Publicado o

- Advertisement -

Adif respondeu favorablemente á solicitude formulada desde o Muferga para contar coa cesión desta mesa de encravamento. Así, a sede do museo, en Monforte de Lemos, contará proximamente con esta peza hoxe en desuso, tras a súa substitución por un sistema dixital. Coa mesa xestionábanse todos os desvíos de vía, sinais, cambios de agullas e outros dispositivos que ordenaban e regulaban os movementos e tráficos de trens.

Muferga comprométese a preservar esta peza e a instalala nun espazo destacado do museo, como mostra da importancia que ten para o patrimonio ferroviario de Galicia. Tamén incluirá un panel informativo no que se describa a súa funcionalidade e características.

E os días 6, 7 e 8 de decembro o Muferga acolle a V Feira de Modelismo Ferroviario. A Asociación de comerciantes de mercadillos ferroviarios de Madrid desenvolve esta nova edición do mercadillo de trens en miniatura que xa conta con gran aceptación entre os afeccionados aos trens en miniatura e público en xeral. Se a climatoloxía acompaña funcionarán, para os máis pequenos, os mini trens infantís e a composición ferroviaria de época que circula pola rede interior do Museo do Ferrocarril de Galicia.

Muferga

As instalacións do Muferga poden visitarse de martes a venres de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas. Sábados, domingos e festivos: de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 horas. O prezo da entrada é de 3€, nenos 1€ e para as visitas concertadas 4€ persoa. O contacto do Muferga é 982 418 421 / 606 401 982.

ÚLTIMAS

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...

Xa se poden pedir permisos de queimas dende o móbil

Os usuarios e usuarias da aplicación móbil XuntaEu que seleccionen o botón “Contacta coa...