HomesociedadeComeza o Nadal en Monforte

Comeza o Nadal en Monforte

Este venres dia 6 de decembro ás 18.00, o Concello de Monforte acendeu oficialmente a iluminación de Nadal do 2019. Vólvense a instalar as luces de Nadal en todos os barrios e repítise a Estrela de grandes dimensións que se instalou na Praza de España.

Publicado o

- Advertisement -

Este ano increméntase o número de rúas que disporán do alumeado de Nadal, pasando de 53 a 62 rúas e o número de arcos pasará de 117 a 160. O concello busca así incrementar e potenciar o ambiente navideño na cidade e favorecer a actividade do comercio.

Ademais das rúas, estarán adornadas a Torre da Homenaxe, as Prazas de España, de San Antonio, Carude, Os Chaos e da Estación. Por outra parte, 7 letreiros de Bo Nadal ubicaranse en cada unha das entradas da cidade.

O alcalde, José Tomé, sinala que “consideramos que a decoración navideña nas rúas é un investimento moi útil para o comercio así como para o conxunto da nosa economía, xa que nos beneficia a todos”. O concello destina a esta iluminación, que permanecerá activa ata o 6 de xaneiro, 27.000 euros

Iluminación Nadal Monforte / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas...

Aberto o prazo para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

O prazo de presentación de solicitudes estenderase durante 10 días hábiles a contar desde...