HomesociedadeOportunidades laborais a desempregados da hostalería nos concellos de Lugo e Monforte

Oportunidades laborais a desempregados da hostalería nos concellos de Lugo e Monforte

A Consellería de Economía, Emprego e Industria colabora coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) no impulso do plan integral de emprego “Dimo Lugo V”, dirixido a ampliar as oportunidades laborais de 100 persoas en situación de desemprego.

Publicado o

- Advertisement -

O Goberno galego achega con este fin 250.000 euros que fan posible a realización deste programa, que actualmente ten aberta a fase de selección das persoas participantes e que terá unha duración dun ano. Os destinatarios preferentes son: menores de 30 anos con baixa cualificación, persoas con discapacidade, mulleres e inmigrantes. 70 alumnos participarán nas accións a desenvolver en Lugo capital e 30 nas de Monforte de Lemos.

O plan incorpora un programa específico de formación e prácticas en empresas que mellorará a cualificación e desempeño dos futuros profesionais da hostalería e restauración, un ámbito de especial importancia nunha provincia con gran potencial turístico e de servizos como é a de Lugo.

As accións formativas son moi variadas e os 100 alumnos participantes teñen a oportunidade de adquirir coñecementos teóricos e prácticos en ámbitos como a manipulación e hixiene alimentaria, alfabetización informática, auxiliar de cociña e sala, camareiro/a de pisos, axudante de cociña e inglés básico para hostalería, entre outros, que se adaptarán en función da demanda e do perfil dos participantes.

Entre as novidades desta edición, destacaron que se poderán obter un certificado de profesionalidade en operacións básicas de restaurante e bar, así como a concesión de bolsas de 5 euros por cada día de asistencia ás accións do programa. Ademais a Apehl desenvolverá accións de prospección empresarial, de tal xeito que actuarán como intermediarios entre o demandante de emprego e os empresarios.

A iniciativa busca a inserción laboral como mínimo do 40% dos seus participantes, unha vez finalizado o programa formativo, aínda que a Apehl agarda chegar como mínimo ao 45% acadado na edición anterior. O programa inclúe tamén, como medida de apoio aos participantes, iniciativas de conciliación, tales como un servizo de gardería ou de coidado e atención de persoas maiores dependentes.

ÚLTIMAS

O (Re)encontro: entrando na Xeración Lugo da Rede Museística e nun modelo de xestión que democratiza a cultura e o acceso a ela

A xerente da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL), Encarna Lago, advirte ao respecto...

Extinguido o incendio forestal de Cangas, en Pantón

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello de...

Chantada presume de espazos verdes para revalidar título no certame Vilas en Flor

O 14 de novembro celébrase en Carballo a entrega destes recoñecementos e o Concello...

“Un fío para saír do labirinto” este 20 de outubro no Museo Pazo de Tor

O teatro, máis aló dos escenarios, é unha poderosa ferramenta para o benestar. Este...