HomesociedadeO Nadal na Guimaralia

O Nadal na Guimaralia

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar Nadal na Guimaralia, unha ampla e variada programación de actividades pensadas para todo tipo de público, con especial protagonismo dos máis pequenos.

Publicado o

- Advertisement -

As mañás dos días 23, 26 e 27 de decembro, ofreceranse actividades para nenos e nenas na Biblioteca Municipal, como contacontos, elaboración de adornos e postais de Nadal, e actividades de lecturas. As persoas interesadas deben inscribirse na Biblioteca antes do día 20.

O día 28 pola tarde, visitarán a Casa da Cultura Os Bolechas, os personaxes da popular serie infantil. Xa en xaneiro, o día 4 haberá tamén na Casa da Cultura outro evento para público familiar coa ilusionista Fani Triana e o seu espectáculo ‘Igualdade, onde estás?’.

Para público adulto, o domingo 29 de decembro acontecerá unha das grandes propostas do programación de Nadal do Concello. Trátase da proxección de O que arde, a afamada película de Oliver Laxe, nomeada a catro premios nos próximos Goya. Haberá dúas pases da película, ás 18:00 e ás 20:00, e a entrada é solidaria: pídese un donativo dun quilo de alimentos que serán destinados a colectivos desfavorecidos do concello. Os interesados xa poden reservar as entradas.

Nas datas chave das festas de Nadal tamén hai programación. Para celebrar o inicio do novo ano celébrase o baile de Fin de Ano coas actuacións dos dúos Eclipse e Explosión, a partir da medianoite na Casa da Cultura. O día 5 de xaneiro celébrase a tradicional Cabalgata de Reis que comezará ás 16:30 no Centro de Día percorrendo as rúas da Pobra do Brollón ata a Casa da Cultura.

O Centro de Día da Pobra tamén quere celebrar o Nadal en comunidade. Concretamente, o día 24 de decembro actuará a cantante do Incio, Lucía Pérez. Será a partir das 12:30 e é un evento aberto ao público.

Concursos de poesía e postais

Ademais dos eventos, hai en marcha dous concursos temáticos. Un é un certame de poesía e poden participar menores de ata 16 anos con poesías sobre o tema do Nadal. O outro é un concurso de postais de Nadal, no que poden participar persoas de ata 30 anos de idade. Para ambos o prazo para entregar os traballos remata o 20 de decembro.

O fallo do xurado de ambos concursos así como a entrega de premios faranse o día 5 de xaneiro na Casa da Cultura, ao remate da Cabalgata de Reis. Pódese consultar máis información sobre a programación de Nadal nas redes sociais e páxina web do Concello da Pobra do Brollón.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...