HomesociedadeAs Reservas da Biosfera Terras do Miño e Ancares apoian a candidatura...

As Reservas da Biosfera Terras do Miño e Ancares apoian a candidatura da Ribeira Sacra a esta distinción

Na reunión da xerencia do espazo recoñecido pola UNESCO acordouse tamén solicitar a incorporación desta zona protexida no Consello Provincial de Turismo.

Publicado o

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, a voceira socialista do Goberno provincial, Pilar García Porto, e a deputada de Ensino e Economía do Coñecemento, Ana González Abelleira,  asistiron este martes á reunión do órgano reitor da Reserva da Biosfera Terras do Miño celebrada no Centro de Interpretación Terras do Miño, en Lugo. Neste encontro, ao igual que no celebrado polo órgano reitor da Reserva de Ancares, acordouse apoiar a candidatura da Ribeira Sacra de Oribio e Courel a esta distinción da UNESCO.

Na xuntanza de Terras do Miño tamén se trataron diversas iniciativas para a vindeira anualidade co fin de aproveitar todas as oportunidades que ofrece esta Reserva. Entre os puntos a tratar encontrábase a programación de actividades de educación ambiental na Reserva da Biosfera; a solicitude de incorporación da Reserva da Biosfera ao Consello Provincial de Turismo; a presentación das actuacións dos Proxectos Life in Common Land e Life+Biodinámico; e a presentación das conclusións do I Foro de Mozos da Rede Española de Reservas de Biosfera.

ÚLTIMAS

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...