HomesociedadeSarria ofrece unha chea de actividades para este Nadal

Sarria ofrece unha chea de actividades para este Nadal

A programación presentada polo concello contempla deporte, música, teatro, cinema, lecer infantil e un campamento urbán para os/as máis pequenos/as do 23 de decembro deste ano ao 7 de xaneiro de 2020.

Publicado o

- Advertisement -

Os veciños e veciñas de Sarria xa poden ir apuntando na axenda a cantidade de actividades culturais, deportivas e de lecer en xeral que vén de presentar a Concellería de Cultura para o Nadal.

A Casa da Cultura será un dos puntos de encontro de referencia para os amantes do teatro, a poesía e a maxia. O sábado 21 haberá unha peza de teatro para público adulto a cargo da Aula de Teatro do concello, o 26 un recital poético organizado pola Biblioteca Fiz Vergara Vilariño do IES Gregorio Fernández e o sábado 28 teatro infantil con “Contos Mostruosos”.

A maxia, da man do sarrián Roberto Lolo, estará presente o día 25 na Casa da Cultura, o 26 no CAPD e na Residencia Nosa Sra. do Carmen e o 10 de xaneiro na Piscina Municipal Cuberta.

Roberto Lolo, mago sarrián. Foto: R.L.

No apartado musical lembrar que o Concerto de Nadal será o vindeiro domingo 22 na Igrexa Nosa Sra. do Rosario, e nel participarán a Banda de Música e Coral Polifónica de Sarria xunto co Coro Sarricanta. Ademais deste recital oral, haberá diferentes concertos en “sesión vermú” programados para os sábados 28 de decembro e 4 de xaneiro na Praza de Abastos e o domingo 29 no local da Asociación Rúa da Música, entidade que organiza todas as sesións musicais comentadas.

O deporte tamén estará moi presente nestas datas. Para empezar, este sábado 21 será a VI Gala Benéfica de Ximnasia Rítmica no Pavillón Xosé Mario González e o vindeiro 28 a VI Gala de Patinaxe Artística-Vila de Sarria no Pavillón Novo do Chanto. Organizan, respectivamente, as asociacións deportivas Xirandela e Club Anca Anca. E rematando o ano, o martes 31, terá lugar a “Milla Urbán”.

Outras actividades que completan este amplo programa son: o “Desfile de coches e motos clásicos de Sarria acompañando a Papa Noel e ao Apalpador” -23 de decembro-, o Campamento Urbán de Nadal, do 23 de decembro deste ano ao 7 de xaneiro de 2020 no Colexio Frei Luis de Granada, o Ciclo de Cinema “Harry Potter” na Casa da Cultura -nove peículas da saga ata o 9 de febreiro-, a Gran Festa Infantil -baile, globoflexia e xogos na Casa da Cultura o 4 de xaneiro pola tarde-, e a Gran Cabalgada de Reis o 5 de xaneiro.

O programa ao detalle está na páxina web do Concello de Sarria.

ÚLTIMAS

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...