HomesociedadeCombatendo o despoboamento con galegos retornados

Combatendo o despoboamento con galegos retornados

No 2018 púxose en marcha a Estratexia Retorna 2020 “a través da que o Goberno galego inviste 235 millóns de euros para favorecer a volta de 20.000 galegos, dos que o 60 % serán menores de 45 anos”. No 2018 as Comarcas de Lemos, Quiroga e Chantada recibiron preto de 150 galegos retornados.

Publicado o

- Advertisement -

Desde esta mesma semana cóntase cunha sede da nova Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno, na Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo. Nela prestaráselle apoio integral a todos os emigrantes que retornan á provincia para iniciar unha nova vida.

Entre as medidas que o Goberno galego xa ten en marcha figura o programa de Axudas ao Retorno Emprendedor, que pretende facilitar a vida en Galicia aos retornados e ás súas familias. Esta iniciativa axudou a impulsar en Galicia preto de 200 proxectos empresariais nos últimos anos. Neste ano 2019, o orzamento veuse incrementado nun 54% respecto do ano 2018, pasando dunha contía de 194.000 a 357.000 euros

As Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior tamén buscan apoiar aos retornados, neste caso a través da formación. En só tres anos, 350 estudantes retornaron a Galicia para ampliar os seus estudos cursando un mestrado nunha das tres universidades galegas, “atraendo o talento mozo”. Os orzamentos de 2020 tamén contemplan unha subida da partida reservada, chegando aos 1,3 millóns de euros.

Incremento tamén o que rexistran as axudas extraordinarias ao emigrante retornado, cun orzamento para o vindeiro 2020 de 1,9 millóns de euros, e que agrupan as diferentes actuacións para axudar ás familias con máis dificultades a afrontar os gastos derivados do retorno das familias.

RETORNO A GALICIA

Con datos da Estatística de Migracións do 2018, chegaron a Galicia 7.024 retornados (máis dun 7% por riba das cifras do ano anterior). Deles 5.649, máis do 80%, son menores de 65 anos. 3.742, máis do 53%, teñen menos de 45 anos. Esta lexislatura suma 18.212 retornados, mentres que na última década retornaron do estranxeiro preto de 42.000 emigrantes galegos.

Galicia presenta un saldo migratorio positivo entre os anos 2007 e 2017 de máis de 45.000 persoas, e só no último ano este saldo achegouse a 13.000 persoas a nivel autonómico, sendo máis da metade do total de novos habitantes os menores de 30 anos que constitúen o grupo máis numeroso, con 7.014 nenos e mozos.

No caso da Ribeira Sacra o saldo migratorio dos últimos tres anos tamén é positivo, xa que ás comarcas de Lemos, Quiroga e Chantada chegaron 764 persoas máis das que saíron.

ÚLTIMAS

Suso Montero: “Gardo todas as fotos que fago, terei uns 70.000 negativos”

Jesús Rodríguez Montero, ‘Suso Montero’ para os amigos, foi traballador de Renfe e Adif...

Actuación de Regueifas o 11 de outubro en Ribas de Sil

A primeira das actividades, un obradoiro de coñecemento e de elaboración de regueifas, levouse a...

14 anos sen facer a residencia comprometida no Saviñao

Os deputados provinciais, Antonio Ameijide e Luis Fernández, xunto ao alcalde da localidade, Carlos...

O PP de Monforte comeza o curso político orientado a buscar solucións aos problemas de abastecemento

Durante esta reunión abordáronse as principais liñas de traballo para este curso político, sendo...