HomesociedadeCursos formativos para desempregados nos institutos de Monforte e Chantada

Cursos formativos para desempregados nos institutos de Monforte e Chantada

A Xunta de Galicia programará durante o vindeiro ano, catro accións formativas para traballadores desempregados nas instalacións de tres institutos da zona sur da provincia de Lugo: os IES A Pinguela e Francisco Daviña Rey de Monforte e o IES Val do Asma de Chantada.

Publicado o

- Advertisement -

Estas accións formativas destinadas a mellorar a empregabilidade das persoas que se atopan inscritas no paro, contan cun investimento de 150.000 euros. Inclúe accións en centros propios, o financiamento da programación AFD -promovida por empresas, concellos e outras entidades- e o uso de instalacións educativas en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

En concreto, no IES A Pinguela ofertarase o curso de coidados estéticos de mans e pés, no IES Francisco Daviña Rey o de mantemento do motor e os seus sistemas auxiliares, ambos na cidade do Cabe e, xa en Chantada, o curso ofertado é o de mantemento de sistemas de transmisión de forza e trens de rodaxe de vehículos automóbiles.

As persoas interesadas en participar nestes cursos poden recibir máis información e inscribirse na rede de oficinas de emprego que a Xunta ten na provincia.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...